Ribadeo, 4 de xullo de 2024. Os establecementos hostaleiros de Ribadeo poderán abrir dúas horas máis durante as fins de semana do verán e pontes festivas grazas a Acisa (Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos).
A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, declarou: “parécenos moi interesante poder ofrecerlle este servizo aos nosos asociados e asociadas, deste xeito dáselles a oportunidade de poder traballar mais horas durante estas datas de gran afluencia turística onde as ceas, de amigos e de familia, son moitas e as ganas de festexar e celebrar son aínda mais. Deste xeito tamén a veciñanza poderá gozar de mais horas de lecer na nosa hostalería. Queremos animar ás veciñas e veciños de Ribadeo e da nosa contorna e aos turistas que nos visitan a desfrutar das fines de semana de verán na hostalería ribadense, que ten moito que ofrecer, tamén polas noites, onde atopamos locais cun ambiente impecable, con persoal cualificado e trato amable, e por iso animamos a todas e todos a gozar do verán na nosa hostalería, nos seus locais e nas súas terrazas”.
Cruzado Iglesias agarda que “este sexa un grande verán para todo o sector empresarial de Ribadeo, porque iso redundará de xeito moi positivo no noso municipio”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “os establecementos de hostalería asociados a Acisa Ribadeo, contarán con dúas horas mais sobre a licenza habitual de peche todas as madrugadas dos venres e sábados de xullo e agosto. Ademais súmanse as madrugadas do 24 ao 25 de xullo con motivo da festividade do Apóstolo, as madrugadas do 14 ao 18 de agosto con motivo das festas de San Roque, as madrugadas do 1 ao 8 de setembro, datas nas que se celebrarán as festas patronais. Algo que sen dúbida cremos favorecerá ao sector asociado para poder exprimir ao máximo estes días de gran actividade económica”.
Pérez Prada engadiu: “no dia de hoxe comunicámoslles estas ampliacións das que poderán gozar nas próximas semanas, que foron concedidas polo Concello. Deste xeito, os locais hostaleiros gozarán dunha ampliación de 2 horas mais sobre o seu horario habitual de licenza. As ampliacións segundo licenza son as seguintes: os bares e cafeterías poderán pasar de pechar ás 02:30 a facelo ás 04:30 horas, as discotecas e salas de festas poden pasar das 06:00 ás 08:00 e os pubs das 04:00 ás 06:00 da madrugada”.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



