A deputada popular concretou que hai 923 persoas atendidas neste momento, ás que se prestan máis de 36.000 horas de servizo
Foz, 4 de xullo de 2024. A deputada do Grupo Popular Raquel Arias salientou, nunha mesa redonda celebrada en Foz sobre servizos sociais básicos prestados nos concellos, que a Xunta destina anualmente máis de 5,6 millóns de euros á prestación do servizo de axuda no fogar nos municipios da Mariña lucense, destacando os máis de 840.000 euros que recibe Viveiro, os case 760.000 euros de Foz ou os 450.000 de Ribadeo.
Durante a súa participación no Foro Social de A Mariña, Raquel Arias concretou que “na actualidade 923 persoas reciben servizo de axuda no fogar na comarca da Mariña lucense, que van desde as 102 persoas de Foz ou Viveiro aos 19 de Ourol ou os 37 de O Vicedo”. En total, supéranse ás 36.000 horas de servizo prestado ao longo do ano nestes concellos.
A deputada popular explicou que o servizo de axuda no fogar é unha prestación de competencia municipal, segundo se recolle na lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia aprobada polo Goberno bipartito de PSdeG e BNG. Máis en concreto, apuntou que “a Xunta é a encargada de facer a valoración das persoas dependentes e a que asigna o número de horas que lle corresponde a cada usuario, mentres que o Concello é o que presta o servizo”.
COMPROMISO INCUESTIONABLE
“O compromiso da Xunta co servizo de axuda no fogar é incuestionable, e por iso o Goberno galego está a incrementar ano tras ano a súa achega para axudar aos concellos a facer fronte ao custo deste atención”, sinalou a deputada popular. E iso, a pesar de que o Goberno central “está a incumprir a súa parte de financiamento, xa que está a aportar o 30 por cento cando por lei lle corresponde o 50 por cento”.
Ademais, Raquel Arias subliñou que o Goberno galego negociou coa Fegamp en 2021 o aumento do financiamento autonómico para a prestación deste servizo: incrementou a aportación un 24 por cento, pasando de 9,7 a 12 euros a hora en 2023 e adiantándose un ano o cumprimento deste compromiso. “O Goberno galego non só cumpriu co que se negociou coa Fegamp, senón que introduciu melloras por decisión propia e no 2024 incremento un 15 por cento o investimento destinado ao servizo de axuda no fogar, que chegará a 130 millóns de euros”, anotou.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



