Ribadeo, 20 de xullo de 2024. Ducias de persoas asistiron esta mañá en Porcillán á sentida homenaxe aos patróns maiores da Confraría de Pescadoras de Ribadeo. Comisión organizadora, Concello e pósito foron os encargados do acto, no que se descubriron un mural pintado por Joseba e unha placa cos nomes de todos os responsables da confraría ribadense.
O primeiro en intervir foi o actual patrón maior, Javier Martínez, que moi emocionado lembrou a tod@s @s seus antecesores: “quero facer un recoñecemento público a todas as persoas que nun momento determinado tiveron a oportunidade de ser patróns maiores polo seu compromiso co sector pesqueiro, polo seu enorme traballo e polo seu bo facer ao longo de todos estes anos”. E tamén aludiu ás compañeiras e aos compañeiros que xa non están “polo seu legado de compañeirismo e amizade”.
Jesús Puelles, membro da comisión organizadora, contou as lembranzas de moitos anos dedicados ao mar así como a relación que mantivo cos patróns maiores e con coñecidos mariñeiros de Ribadeo. Dixo que a fortaleza é a palabra que define ao sector e tivo palabras de lembranza e recoñecemento para as mulleres dos mariñeiros e para as mariscadoras de Ribadeo.
Para o alcalde, Daniel Vega, “é importante que este acto se faga nas festas do Carme. O sector primario tivo momentos grandiosos, agora non tanto, pero sigue representando moito en Ribadeo desde o punto de vista económico, pero quedádevos sobre todo co punto de vista humano e sentimental”.
O rexedor dixo: “é importante o recordo a un sector que foi grande e ten que seguir sendo grande. Sentimento, sector e honra. Iso pode ser a conclusión deste acto. E eu tamén quero recordar a Jesús, a Pedro, a Roberto e a gran Laura, porque cando viñeron ao Concello non viñan pedir, senón que viñeron dicirnos que querían honrar aos patróns maiores, darlles as grazas e recordalos por sempre cunha placa e cun mural e iso emocionoume”. E engadiu: “grazas a todos, o acto de hoxe queda sinalado no calendario, sentídevos orgullosos de pertencer a un pobo grande, que se chama Ribadeo”.
Foron patróns maiores da Confraría de Pescadores de Ribadeo: José Ramos, José López, Antonio Pérez, Secundino Balsa, José Domingo Rajal, Domingo Fernández, Celia Pacio, José Luis García, José Angel Redondo e Javier Martínez, o actual.
Ao acto ambientado por un piano asistiron, entre outros, a directora provincial de Pesca da Xunta, Mariña Gueimunde, as concelleiras de Seguridade, Turismo e Benestar Social, Montse Seijo, Marta Saiz e Elena Sierra, o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Pablo González, así como familiares e amigos das persoas homenaxeadas.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



