Viveiro, 30 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro celebra as Festas Patronais de Viveiro 2024 entre o día 1 e o 18 de agosto, con numerosas actividades para todas as idades
As celebracións comezarán este xoves 1 de agosto coa inauguración da Feira da Cervexa Artesanal de Viveiro nos xardíns Noriega Varela, a colecta da AECC en diferentes puntos da vila, a exposición de indumentarias do Camiño de Santiago na Biblioteca Municipal, e o comezo da XLIV Mostra Folclórica Internacional na praza maior.
A alcaldesa María Loureiro destaca “a aposta polos grupos locais e do Conservatorio de Viveiro nas festas”. O 9 de agosto celebrarase unha emotiva homenaxe a Óscar Fernández, músico e profesor do Conservatorio falecido o pasado mes de outubro e moi querido en Viveiro.
Nos días seguintes haberá tamén diversos concertos, exposicións, eventos deportivos e outras actividades. O 14 de agosto terá lugar a lectura do pregón no balcón da Biblioteca Municipal, dando paso aos días grandes das festas, que se manteñen nas súas datas habituais do 14 ao 16 de agosto.
De novo haberá diversos concertos, pasarrúas, actos litúrgicos e eventos deportivos. Destaca ao longo das festas a celebración da XL Feira de Artesanía, da Feira do Libro ou da Feira de Stocks do Centro Comercial Histórico de Viveiro.
O Teatro Pastor Díaz tamén acollerá actividades como a proxección da asociación fotográfica Os Negativos ou a representación da obra ‘Sempre en Otoño’ de Santiago Moncada.
María Loureiro sinala que “o Concello de Viveiro é un dos únicos concellos que organiza directamente as festas, polo que solicitamos que a partir do ano que vén haxa unha comisión de festas coa que poidamos colaborar para seguir tendo ano tras ano unhas celebracións do primeiro nivel para toda a veciñanza”.
O concello dará máis información sobre a programación nos próximos días.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



