A popular, que ficha pola cooperativa de Armadores de Vigo, considera “imprescindible estar no día a día do pobo para exercer o labor de representante dos veciños de Foz e non só asistir aos plenos”
Foz, 12 de agosto de 2024. A concelleira do PP de Foz Mercedes Rodríguez ficha como xerente adxunta da Cooperativa de Armadores de Vigo e deixa a súa acta porque entende que “non procede continuar como concelleira e viceportavoz do grupo municipal” porque “as obrigas do meu novo posto inclúen o cambio de domicilio e considero imprescindible estar no día a día do pobo para exercer o labor de representante dos veciños de Foz”. Tendo en conta que “dende o Partido Popular de Foz sempre consideramos que o principal é a xestión do día a día”, cre que “non é correcto, ao meu entender, asistir só aos plenos”.
Rodríguez explica que “tomo esta decisión por motivos de traballo. Este cambio non entraba nos meus plans cando tomei posesión fai agora un ano” e incide en que “foi un orgullo ser concelleira en Foz polo Partido Popular e formar parte do grupo de traballo que lidera Javier Castiñeira que terán sempre o meu cariño e o meu apoio”.
Tanto os compañeiros do PP de Foz coma o Partido Popular da provincia somo “coñecedores da valía de Mercedes Rodríguez no persoal e no profesional, especialmente no sector pesqueiro”. Nese sentido, trasládanlle “a mellor das sortes” nesta nova responsabilidade que lle “require unha importante dedicación a unha da cooperativa cunha flota por tódolos mares e que a converte nunha das máis importantes non só de España, senón de Europa ou incluso do mundo”, segundo apunta o portavoz, Javier Castiñeira.
Así mesmo, en nome do PP de Foz amosa o seu “orgullo” porque “Mercedes Rodríguez formara parte da candidatura como número 2 do noso proxecto de goberno no que priorizamos a boa xestión que poden aportar persoas coma ela e que contrasta, precisamente, co modelo que apreciamos por parte do bipartito”.
MIGUEL FERNÁNDEZ INCORPÓRASE COMO CONCELLEIRO
O Grupo Municipal Popular de Foz incorporará a Miguel Fernández, fillo de Pedro Manín -o anterior tenente de alcalde durante o goberno popular-. “Miguel é un rapaz de Cangas moi traballador e que ten o compromiso absoluto con Foz como tivo seu pai e como puido vivir de primeira ma. Para nós é un privilexio contar con el como concelleiro na corporación local”.
O Partido Popular de Foz afronta estes cambios co compromiso e a ilusión de seguir traballando polo noso concello: “o noso proxecto aposta por xestionar e non por deixar pasar as cousas como está facendo o bipartito actualmente”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



