Burela, 12 de agosto de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro con representantes da Asociación de Mariñeiros Xubilados da Moncloa de Burela para estudar posibles vías de colaboración entre este colectivo e a Consellería do Mar. Na reunión, tivo lugar na sede da entidade, o responsable autonómico puido coñecer a colección de imaxes en posesión desta asociación entorno á historia da industria pesqueira burelense así como aparellos e utensilios de diferentes embarcacións que serven de testemuñas da evolución tecnolóxica que viviu a pesca nas últimas décadas.
O conselleiro do Mar, acompañado pola directora territorial da Consellería, Mariña Gueimunde, enxalzou o traballo desta entidade á hora de poñer en valor a cultura marítima da localidade e o papel da pesca no desenvolvemento económico do concello mariñán. Así, manifestou o compromiso do Goberno galego en poñer en valor ese pasado apoiando iniciativas que difundan e divulguen a historia pesqueira de Galicia e as súas xentes do mar. Nesta liña, destacou que é grazas ao traballo e esforzo de todos eses profesionais polo que o sector da pesca galega é hoxe un referente internacional, operando en todos os caladoiros do mundo, e un modelo de boas prácticas e calidade dos seus produtos.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



