O pleno do pasado luns aprobou por unanimidade unha ordenanza que busca ordenar a xestión de biomasa e actividade forestal e protexer as vivendas
Barreiros, 16 de agosto de 2024. O goberno municipal de Barreiros vén de aprobar inicialmente unha ordenanza coa que se dota ao Concello dun instrumento legal que permitirá actuar en materia de prevención de incendios en solo non rústicos, que están excluídos da aplicación de ámbito autonómico. Ata este momento, non existía norma que regulara tal aspecto, tras unha modificación da Lei de Incendios galega.
Ana Ermida explicou que se detectou unha “disfuncionalidade á hora de poder poñer en marcha medidas de prevención e actuacións en caso de risco de incendios, xa que a normativa municipal permitía plantacións en solos urbanos ou de núcleo, que están excluídos, tras unha modificación do texto inicial, da lei de incendios da Xunta”. Ermida explica que “podía darse a casuística de que unha vivenda en solo de núcleo estivese rodeada de plantacións, que existise a obriga de corta polo límite do solo de núcleo e que puidesen manterse as árbores sen ningún tipo de distancia dentro do propio núcleo”.
Con esta normativa, o goberno municipal quixo ir máis alá, non só prohibindo expresamente as novas plantacións forestais, senón tamén establecendo un réxime transitorio de seis meses no que as existentes deberán adaptarse á normativa municipal.
O responsable de medio ambiente e rural, Dámaso Ratoeira, fixo fincapé na “necesidade e responsabilidade de actuar colectivamente en materia de prevención de incendios, na que as Administracións teñen que ser valentes na aplicación de normativa que garanta a seguridade da veciñanza”.
Ratoeira lembrou o traballo neste ámbito que se vén desenvolvendo desde o Goberno Municipal nos últimos anos, tanto coa aprobacións de instrumentos que aportan normativa e seguridade xurídica, como a propia ordenanza ou o Plan Municipal de prevención e defensa contra incendios forestais que se aprobou recentemente; pero tamén investimentos no mantemento das pistas forestais, na dotación de novas bocas de incendios ou na sinalización das existentes, “cuxa eficacia xa se puido comprobar nos últimos incendios que se produciron na zona”.
A ordenanza estará a exposición pública trinta días, nos que se poderán presentar alegacións que, de habelas, se resolverán no vindeiro pleno para proceder á aprobación definitiva.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



