O acto será ás 19:00 no salón de plenos da Casa do Concello de Burela, co obxectivo de dar a coñecer o PMUS entre a veciñanza
Burela, 16 de agosto de 2024. O vindeiro luns, día 19 de agosto, ás 19:00, terá lugar a presentación do Plan de Mobilidade Sostible do Concello de Burela. Será ás 19:00 no salón de plenos da Casa do Concello.
“Queremos facer unha presentación pública do plan de mobilidade no que levamos traballando durante meses para que toda a veciñanza poida coñecelo en profundidade”, sinala a alcaldesa de Burela, Carmela López.
“É preciso que a poboación saiba que é o PMUS e para que serve, que análises se fixeron para basear a toma de decisións, as particularidades da mobilidade en Burela e exemplos de propostas e implementacións que se pretenden realizar na nosa vila”, engade a rexedora.
O obxectivo do novo plan de mobilidade é afondar na integración das mobilidades saudables e sustentables no Concello de Burela.
O acto de presentación do PMUS constará de diferentes puntos. Entre eles están unha exposición xeral do plan, un percorrido polos problemas existentes na mobilidade do municipio ou unha explicación das propostas para solucionalos e a súa implementación, rematando con exemplos prácticos do exposto.























Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



