A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata a Antiga Nave de Fundición, onde está situado o seu taller, para compartir un anaco co forxador e co seu alumnado, un grupo de dez persoas que está aproveitando ao máximo a oportunidade e a experiencia, que está subvencionada e apoiada parcialmente polo Concello de Cervo “como unha aposta por promover a supervivencia e tamén contribuír a darlle visibilidade a un oficio tradicional como a forxa, da man dun mestre de luxo. Todo un privilexio! E un pracer poder colaborar nestas iniciativas que unen formación e conservación do patrimonio cultural”.
O artesá Telmo Cao ofreceu un curso de iniciación á forxa tradicional, apoiado polo Concello de Cervo
O artesá Telmo Cao ofreceu un curso de iniciación á forxa tradicional, apoiado polo Concello de Cervo
Relacionado
-
A Garda Civil detén en Ribadeo a un veciño de Trabada, de 32 anos de idade, como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas
-
O Instituto de Estudios Chairegos dá comezo a actividade cultural do ano 2025 organizando, coa colaboración do Concello de Vilalba, o concerto “Cartas alén-compromiso e coraxe”, a cargo do grupo Son de Corda
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Ribadeo, de 61 anos de idade, como suposto autor dun delito de furto