O deputado Luís Bará reclama que se garanta o dereito da cidadanía de acceso á información ambiental
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2024. O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, fronte á falta de transparencia e á ocultación coa que actúa a Xunta, vén de reclamar que se fagan públicos todos os informes preceptivos sobre Altri. A pasada semana douse a coñecer un informe de Altri do Instituto de Estudos do Territorio, un informe que se dou a coñecer a través dos medios de comunicación, “deixando claro cal é o modus operandi da Xunta do Partido Popular, que se caracteriza pola falta de transparencia e ocultación da información” apuntou Bará.
O BNG considera que todos estes informes, dun tema de grande transcendencia como é o proxecto da macrocelulosa, deberían ser públicos para garantir o regulamento europeo de 2006 que, conforme ao establecido no convenio de Aarhus, garante á cidadanía ter acceso á información medioambiental.
Ante esta situación de desinformación, Bará anunciou que o BNG rexistrou hoxe unha solicitude de copia dos informes sobre Altri, do informe do IET e de todos os demais que estean en poder da Consellaría de Industria. Un expediente compelto de todos os informes sectoriais.
“Estamos diante dun simulacro de tramitación ambiental, porque a decisión de informar favorablemente xa está tomada” advertiu o deputado nacionalista. Esta afirmación de Bará fai referencia a unhas declaracións que fixo a conselleira de Industria nas que dicía que “Altri era un proxecto redondo desde o punto de vista ambiental”.
Luís Bará advertiu que o procedemento deste simulacro de tramitación vai recibir de forma continuada informes favorables con certos condicionamentos e cambios ao proxecto para disimular que hai unhas medidas minimizadoras e de seguimento medioambiental. O que calificou como “un paripé”, como se acaba de ver no informe do IET, que só se coñece por unha filtración aos medios, que refire ao impacto “paisaxístico considerable”.
Este impacto considerable sobre a paisaxe recoñece as 366 hectáreas (600 campos de fútbol), unha cheminea de 75 metros, o equivalente a un edificio de 25 alturas ou á catedral de Santiago, unha caldeira de biomasa de 3.000 metros cadrados e 52 metros de alto, unha caldeira de recuperación, de 4.200 metros cadrados e 60 metros de alto ou as naves de todo o proceso industrial que ocupan uns 23.000 metros e 50 metros de altura; e propón medidas correctoras que Bará calificou de “maquillaxe verde” e que se acabarán aplicando ao resto de informes.
O BNG acusa de trato de favor por parte da Xunta porque neste procedemento o goberno non é imparcial, “a Xunta é xuíz e parte”. Bará recordou que xa dende un inicio, a través da Sociedade Impulsa, foi a Xunta que impulsou este proxecto. “Cometéronse múltiples irregularidades, como os cambios legais que se fixeron durante todo o procedemento para favorecer os intereses de Altri” destacou.
Luís Bará sinalou dos elementos clave para impedir a aprobación deste proxecto: a concesión de auga por Augas de Galiza, tendo en conta o impacto brutal sobre o río Ulla e a ría de Arousa; outro obstáculo insuperable é o financiamento do proxecto, un factor que a propia empresa destacou como fundamental.
“Está claro que a Xunta está do lado dunha multinacional que quere expoliar os nosos recursos, a nosa riqueza e condicionar o modelo forestal. O BNG está do lado dos intereses do país, da protección do medio e da Ulloa” concluíu.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



