Ribadeo, 9 de agosto de 2024. O Concello de Ribadeo insiste en que os pases para acceder á praia das Catedrais son gratuítos. Aquelas persoas que se aloxen neste municipio contan con eles para visitar o areal, ao igual que as que se despracen ata alí no bus lanzadeira ou en taxi.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo: “queremos insistir desde o Concello de Ribadeo e desde a Área de Turismo en que o acceso á praia das Catedrais é totalmente gratuíto”.
A edil ribadense subliñou: “recomendamos que as persoas que desexen visitar o areal se aloxen nos establecementos hostaleiros que poden atopar na páxina web www.turismo.ribadeo.gal. Tamén teñen a posibilidade de acudir en taxi ou no bus lanzadeira que se move en función da marea. Eses tíckets do taxi e do bus serven para acceder ao areal. Empregando algunha destas dúas opcións contribuiremos a desconxestionar o tráfico e as aglomeracións que se poden rexistrar na praia das Catedrais, posto que é un espazo natural”.
Saiz engadiu que “si se hospedan noutro lugar da Mariña ou do Occidente de Asturias e prefiren achegarse polos seus propios medios poden facer a reserva a través da seguinte páxina da Xunta de Galicia https://ascatedrais.xunta.gal. Insistimos en que a forma máis cómoda é visitando Ribadeo, aloxándose nos nosos establecementos regrados e reiteramos que a entrada á praia das Catedrais é absolutamente gratuíta”.
Agora mesmo os pases na páxina de reservas da Xunta están esgotados ata o 23 de agosto incluído.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.


