O proxecto conta cun orzamento de licitación de 73.500 euros con cargo a fondos propios e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 2 de setembro
Vilalba, 7 de agosto de 2024. O Concello de Vilalba vén de abrir o prazo de licitación das obras que se levarán a cabo para proceder á renovación completa do pavimento da pista do pavillón do CEIP Manuel Mato Vizoso, localizado na Rúa Cuart de Poblet.
En concreto as actuacións que se levarán a cabo serán, en primeiro lugar, o nivelado do pavimento actual, para posteriormente proceder á instalación dun novo pavimento deportivo para interiores de PVC homologado e finalmente realizar o marcado das liñas da pista de fútbol sala, baloncesto e tenis conforme ás normas federativas en vigor.
“Deste xeito seguiremos permitindo que este pavillón teña un uso multidisciplinar, podendo practicarse nel unha ampla variedade de deportes nas condicións de seguridade e comodidade oportunas para os usuarios e usuarias do mesmo”, explicou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.
Unha renovación que conta cun orzamento de licitación de 73.502,73 euros con cargo a fondos propios e para a cal as empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro luns, 2 de setembro, data na que finalizará o proceso de licitación e se estudarán as ofertas presentadas para posteriormente executar as obras na maior brevidade posible.
Pola súa banda, Rouco salientou ademais que na actualidade “o pavimento está moi deteriorado polo intenso uso ao que se ve sometido a diario e o paso do tempo”, ao que se suman outros condicionantes ambientais como as oscilacións térmicas da zona e a existencia de goteiras “que xa foron arranxadas pero que provocaron humidades na superficie”, sinalou a alcaldesa.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



