O concelleiro responsable da banda, Jesús Fernández, aclara que o Goberno local a “vai seguir apoiando, como fixo ata agora”
Viveiro, 21 de agosto de 2024. O Concello de Viveiro reafirma o seu compromiso coa Banda de Música O Landro de Viveiro, á que “vai seguir apoiando, como fixo ata agora”.
O concelleiro responsable da banda, Jesús Fernández, destaca que “dende 2015 aportamos á banda case 300.000€, con 25.000€ cada ano exceptuando o 2023, no que non foi posible ao non poder contar con orzamentos municipais ese ano”.
“Pedimos desculpas polas molestias ocasionadas co retraso de 2023, pero ao gobernar en minoría non puidemos ter os orzamentos cando quixemos, e a lei impide dar subvencións nominativas como esta cos orzamentos prorrogados”, explica o edil.
Fernández apunta que “no 2023 o Concello non contou con orzamentos pola tardanza en conformarse o Goberno, polo que ningunha asociación puido recibir as súas subvencións nominativas”.
“Tratamos dende o minuto 0 de solventar dalgún xeito este problema para as asociacións, pero non foi posible, e se presentou un orzamento a finais de 2023 que foi rexeitado pola oposición na corporación municipal”, indica o concelleiro.
“No pleno do 5 de xullo conseguimos sacar adiante un acordo co grupo Por Viveiro para os orzamentos, despois de que a alcaldesa conseguise unha subvención da Deputación de Lugo que entre outras cuestións incluía a das subvencións aos colectivos”, engade.
O edil subliña que xa hai consignados no orzamento do ano 2024 “422.000€ para estes colectivos, entre eles a Banda de Música, á que se lle asignou este ano preto de 50.000€, unha cifra que inclúe as partidas tanto do ano 2023 como do ano 2024”.
A Banda de Música, afirma o concelleiro, “está a punto de asinar o convenio para poder solicitar un anticipo, e antes do mes de decembro, xustificar tanto facturas do ano 2023 como do ano 2024”.
“Eu brindeime dende o primeiro momento a colaborar con eles e o sigo facendo, apoiando todas as iniciativas que nos propuxeron, como os obradoiros de verán, os certames de bandas, actuacións”, enumera Fernández.
“Non queremos entrar en polémicas, para nós a banda é todo un referente, con máis de 100 anos de historia, e agradecemos a súa colaboración co Concello”, indica. “Só queremos aclararlle aos veciños e veciñas, porque así nolo demandan, que o Concello sempre buscou colaborar con todos os colectivos e o seguirá facendo”, engade.
“Estamos moi agradecidos ao director Carlos Timiraos, que despois de 9 anos puxo fin á súa traxectoria coa banda, polo gran traballo realizado coa mesma, e desexamos que teña moitos éxitos na súa carreira”, conclúe o edil.




















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada



