A voceira do PSdeG na localidade lamenta que a mala xestión do Concello deixe as praias de Xilloi e Abrela sen vixilancia e, polo tanto, sen as bandeiras azuis que concede Adeac por segundo ano consecutivo
O Vicedo, 5 de agosto de 2024. Os socialistas do Vicedo denuncian que o municipio é o único da Mariña sen servizo de socorrismo en ningún dos seus areais. A voceira do PSdeG na localidade, Verónica Canoura, lamentou este luns que “a mala xestión do Concello” deixa as praias de Xilloi e Abrela sen vixilancia, “cos riscos que iso supón” e, polo tanto, sen as bandeiras azuis que concede Adeac por segundo ano consecutivo.
“Non vale a desculpa da falta de profesionais, porque levamos moito tempo padecendo esta problemática e vemos como outros concellos da comarca como Burela ou Foz resolven. É incapacidade”, di Canoura. Segundo o punto de vista da socialista, outros municipios da Mariña apostaron este ano por incrementar as partidas orzamentarias ben utilizando recursos do Plan Deputación ou pedindo a colaboración doutras administracións.
A falta de médico
O PSdeG do Vicedo asegura que a precariedade no concello é tamén grave no que ten que ver coa atención médica. Denuncian que hai unha praza de médico sen cubrir e outra “resolta con contratacións eventuais” no centro de saúde do municipio. “Hai manifestacións cada mes diante do Concello. O Alcalde tiña que facer as xestións oportunas diante do Conselleiro de sanidade para obter unha solución urxente”, esixe a voceira.
Precisamente, o Presidente da Deputación de Lugo e Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca, interesouse este mes polas carencias deste concello en materia de servizos públicos nunha reunión que mantivo coa agrupación do PSdeG do Vicedo.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



