Ambos os dous feridos foron trasladados ao Centro de Saúde correspondente con lesións pouco importantes. Ocorreu pouco antes do mediodía na Rúa Galicia, en Vilalba. Segundo explicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para alertar, a furgoneta desprazábase sen condutor e alcanzou a dous viandantes. Para atender as posibles lesións, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que trasladou a un dos afectados con lesións nun pé, mentres que o outro foi levado ao Centro de Saúde da localidade por medios privados. Ademais, foron avisados os axentes da Policía Local, quen confirmaron os feitos.