“Expresamos a nosa profunda preocupación pola gran débeda que acumula o Concello coa actual empresa concesionaria que, de non resolverse en breve, prexudicará os usuarios, os traballadores e a non poucas pequenas empresas do noso pobo”
Foz, 28 de Setembro de 2.024. Despois do acontecido no pleno do pasado xoves, os integrantes de esta Plataforma “queremos manifestar o noso máis expresivo agradecemento ós membros dos grupos municipais do BNG e do PP de Foz. Ambos escoitaron, e o que é máis importante, actuaron en consecuencia ante as nosas xustas e fundamentadas reivindicacións: feitos concretos en contraste cos actos circenses os que nos teñen acostumados outros, algo que estamos seguros o pobo de Foz saberá valorar e recompensar no seu debido momento”.
“As súas extensas argumentacións de voto – acompañadas do informe elaborado por D. Carlos Aymerich, reputado xurista que se encontra entre os maiores especialistas de Galicia en materia de contratación pública – viñeron a demostrar que a problemática que denunciamos dende a nosa Plataforma é real, e que as solucións que expuxemos para a mesma axustábanse estritamente a legalidade”.
“Nada nos houbera gustado máis que facer extensible a nosa gratitude aos concelleiros do PSdG-PSOE. Lamentablemente isto non é posible pois, por razóns que non podemos comprender, decidiron secundar ata o final a actitude insensible e irrespectuosa que veñen mostrando o alcalde, a tenente de alcalde e a concelleira de asuntos sociais os cales, sen ningún disimulo, concentran todos os seus esforzos en salvagardar unicamente os intereses da que ía ser a nova concesionaria, aínda cando iso implique graves e evidentes prexuízos para a cidadanía. Dificilmente poderá atopar esta empresa avogados que a representen con máis eficacia e vehemencia”.
“De ternos escoitado a nós, ós seus presuntos socios de goberno e á oposición, non habería que recorrer a drástica medida adoptada no pleno do xoves de ter que volver a empezar dende cero coa licitación. Era tan fácil como ter modificado a ordenanza de axudas de emerxencia social, como mil e unha veces lle pedimos. Algo que, como vimos denunciando, sempre nos negou e que, para sorpresa de algúns, no pleno do xoves quedou patente que non só era posible senón tamén recomendable. Preferiron o camiño da soberbia, da mentira e da confrontación que agora vai supoñer un elevado coste para as arcas municipais, pois o Concello deberá seguir pagando a actual concesionaria entre 20.000 e 30.000 euros mensuais namentres non se conclúa o novo concurso. E todo isto sen esquecer que é máis que probable que todo o asunto acabe nos tribunais, un escenario no que nos queda por ver de que lado se porá o alcalde e o seu grupo, do do pobo de Foz ou da empresa dos seus desvelos”.
“Usuarios e familias pasamos uns meses de terrible angustia e incerteza pero, por fin, hoxe podemos respirar aliviados, aínda que o noso sexa un alivio relativo e momentáneo. E dicimos que é relativo porque quedamos abraiados e moi preocupados coa noticia de que o Concello débelle a empresa que agora presta o servicio as facturas nada máis e nada menos que de cinco meses, co que está a incumprir un acordo adoptado nun pleno de xaneiro de 2.023. Para calquera son evidentes – menos, parece ser, para o alcalde, a tenente de alcalde e a concelleira de asuntos sociais – as consecuencias inminentes que isto vai a ter para os traballadores, para os provedores radicados no noso pobo, e tamén para os usuarios cando a empresa se vexa de todo incapacitada para manter a súa actividade normal gracias a morosidade de unha administración pública”.
“E tamén momentáneo, porque a renuncia ó actual proceso de licitación implica, como xa dixemos, que o Concello deberá iniciar un novo dende o principio. Por isto, anunciamos que permaneceremos constituídos como Plataforma co obxecto de manternos vixiantes respecto o novo concurso, no que esperamos que, para non incorrer en errores pasados, esta vez si, o alcalde cambie a súa actitude, optando pola vía do consenso e da negociación, tendo a ben manternos puntual e realmente informados de cada unha das súas fases e facernos parte activa do proceso”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



