Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades analizaron este e outros asuntos de interese para a Terra Chá nunha xuntanza co secretario xeral do PP lucense, alcaldes e portavoces da comarca
Vilalba, 28 de setembro de 2024. Os deputados do PP lucense no Congreso, Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades iniciaron na Terra Chá reunións de traballo neste novo curso político para identificar as propostas da provincia de Lugo aos Presupostos Xerais do Estado do vindeiro ano 2025.
O secretario xeral do PP lucense, Javier Vázquez Nodal, alcaldes, portavoces e concelleiros da comarca analizaron durante o encontro “os temas que máis preocupan na comarca” e comprometéronse a levar ao Congreso as reivindicacións dos concellos.
Tamén abordaron, entre outros asuntos de actualidade, as necesidades da provincia en materia de infraestruturas, as demandas dos gandeiros ao Goberno de España, a débeda do Estado en materia de dependencia ou o financiamento territorial.
Estes encontros cos que reforzan o “contacto directo” co territorio teñen un dobre obxectivo: achegar o traballo que desenvolven no Congreso dos Deputados e recoller as propostas que os veciños lles trasladan aos seus representantes en cada concello para levalas á Cámara Baixa. A seguinte xuntanza será na comarca da Montaña.
REBAIXA DO STATUS DO LOBO
Os populares convidan ao Goberno de Sánchez a “poñerse do lado dos gandeiros e rebaixar a protección do lobo en consonancia co acordado pola UE e co que demanda Galicia”. E lembraron que “o PSOE e Teresa Ribera -aínda ministra de Transición Ecolóxica do Goberno de Sánchez- votaran en contra no Consello da Unión Europea de rebaixar o status do lobo de especie ‘estritamente protexida’ a especie simplemente ‘protexida’ de forma que se permita o control da especie en territorios con superpoboación”. Tan só España e Irlanda se opuxeron a esta adaptación da normativa comunitaria.
“Este comportamento evidencia que a socialista non vai defender en Europa os intereses dos gandeiros lucenses nin da Terra Chá que sofren directamente as perdas que supoñen os ataques do lobo”, indican.
Galicia ten defendido en numerosas ocasións a necesidade de “adaptar a protección do lobo á realidade do noso territorio” para “garantir a compatibilidade da especie coa actividade gandeira”.
E ante as declaracións recentes do propio presidente do Goberno de que España manterá o status de protección do lobo, que foi incluído na LESRPE (Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial) fai tres anos; os deputados no Congreso seguirán impulsando iniciativas para que o Goberno de España rebaixe o seu status, tal e como acordaron esta mesma semana os representantes dos países da Unión Europea.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



