Será o domingo 15 de setembro ás 12 horas diante do Centro de Saúde de Trabada
A Mariña 14 de setembro de 2024. A Plataforma Sanitaria da Mariña e o Concello de Trabada convocan unha concentración o próximo domingo 15 de setembro en demanda duns servizos sanitarios dignos coas dúas prazas de medicina de familia cubertas todos os días e durante a quenda completa. A concentración terá lugar ás 12 horas diante do Centro de Saúde da localidade.
Trabada leva case un ano cun solo médico
A xubilación no ano 2023 dun dos facultativos de Trabada non foi substituída en ningún momento por parte do SERGAS, co que durante todo este tempo un só médico dos dous que constitúen a súa plantilla tivo que asumir a totalidade da carga de traballo do centro de saúde. Trabada é un concello moi extenso, cunha poboación moi avellentada , moi disperso e cunha distancia entre núcleos poboacionais bastante grande. Por istes motivos a súa poboación, con gran porcentaxe de maiores de 65 anos, é altamente demandante de atención médica e de coidados de enfermería, con moitos casos de atención domiciliaria nos que hai que invertir moito tempo. É por eso que malia que a poboación é de 1100 habitantes, faise absolutamente imprescindible contar cos dous facultativos todos os días e a tempo completo.
Trabada conta tamén cunha residencia de maiores atendida polo persoal do Centro de Saúde
Trabada conta tamén cunha residencia de maiores de 39 prazas da que se debe ocupar o persoal médico e de enfermería do centro de saúde, polo que a carga de traballo aumenta significativamente e non pode en ningún momento quedar o centro de saúde sen o seu persoal sen substituir, sendo imprescindibles os dous médicos e a enfermeira todos os días e durante todo o turno.
En agosto substituiuse parcialmente ao único médico que hai
A ausencia do único médico que hai actualmente durante o mes de agosto produciu numerosas situacións deficitarias, xa que foi substituído únicamente durante dous días á semana e durante unhas horas cada día. Nalgunha ocasión durante este mes, á ausencia total de médicos que xa se viña dando varios días á semana, sumouse a ausencia da enfermeira, quedando o centro sen persoal sanitario e obrigando a unha enfermeira do centro de saúde de Ribadeo a desprazarse ata Trabada para paliar a situación.
Desde a Plataforma Sanitaria e o Concello entendemos que a situación que está a atravesar o centro de saúde de Trabada é moi grave e os únicos responsables son o SERGAS e o goberno da Xunta, que están a destruír a atención primaria na comarca de xeito flagrante. Por este motivo, animamos a todas as veciñas e veciños de Trabada, así como ao resto de mariñás e mariñaos a que acudan o domingo 15 de setembro a Trabada para defender a sanidade pública, pois está sendo totalmente desmantelada polas políticas de privatización e centralización da atención sanitaria que deixan ás poboacións máis rurais sen os servizos básicos necesarios para ter unha atención sanitaria digna, próxima, de calidade e impedindo tamén que se fixe poboación.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



