Lugo, 14 de setembro de 2024. A Rede Museística Provincial de Lugo cumpre 18 anos de traballo na mellora da accesibilidade e na creación dunha cultura integradora e igualitaria nos museos.
A deputada de Cultura Iria Castro, a xerente da Rede Encarna Lago epersoal dos museos e das entidades colaboradoras reuníronse para poñer en relevo a “maioría de idade” do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade, que desenvolve as accións encamiñadas nesta liña.
Iria Castro valorou “o traballo realizado ao longo destes anos con actuacións de diferente índole, desde intervencións arquitéctonicas ata a instalación de sinalética, ou a implmentación de estratexias de comunicación e a adquisición de materiais para facilitar que todas as persoas poidan acceder ao patrimonio e ás actividades dos museos” e tamén “a incorporación ao persoal dos museos de traballadoras e traballadores con capacidades diferentes, que colaboran e impulsan ese proceso de mellora continúa que seguiremos apoiando para lograr espazos cada vez máis accesibles, integradores e igualitarios”.
Encarna Lago agradeceu “a colaboración do terceiro sector e das súas profesionais, fundamentais neste camiño de 18 anos que comezou coa creación do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesiblidade e no que fomos tecendo redes e aprendendo ao seu carón” e valorou destacou o recoñecemento logrado nesa labor por parte de entidades como a ONCE, coa que mantemos diversas liñas de colaboración para programar exposicións táctiles ou formar parte do Comité de Honra da Bienal de Arte Contemporánea”
As persoas con capacidades diferentes supoñen máis do 15 por cento do persoal dos museos – por riba do 10 por cento ao que as administracións están obrigadas por lei -.
Implementación dos “códigos Navilens”
A Rede Museística Provincial ultima a implementación nos catro museos dun novo sistema de comunicación para facilitar que as persoas con baixa ou nula visión poidan moverse de forma independente no interior dos museos mediante un sistema de guiado con instrucións vocais.
A través duns códigos de cores ubicados en distintos puntos dos museos que poden ser identificados por dispositivos móbiles a unha distancia de ata 10 metros (sen necesidade de seren enfocados con precisión por cámaras), as persoas que visiten os museos poderán obter información accesible en tempo real sobre o espazo e as obras de arte. O sistema, que se porá en funcionamento nos catro museos de forma completa o 10 de outubro, funciona a través da aplicación Navilens.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



