Durante os últimos meses o fenómeno migratorio estivo no centro informativo. Raro era o día que non afloraba algunha cuestión que tivese como tema algún dos múltiples aspectos cos que se relaciona esta realidade. Con dor fomos testemuñas da chegada de caiucos en condicións infrahumanas, de traxedias que se seguen producindo nos tránsitos, do colapso dos centros de acollida, do espectáculo político por reaccións partidistas acerca da xestión, de episodios de rexeitamento nalgúns lugares, pero tamén de experiencias de acollida e integración de inmigrantes, de iniciativas e intervencións realistas e acordes.
Son moitas as perspectivas desde as que mirar este fenómeno. Pero erraremos se non somos capaces de descubrir que detrás de cada experiencia migratoria está sempre unha persoa. Unha persoa no seu misterio de liberdade e na súa vocación de desenvolvemento. Cada persoa na súa singularidade e coa súa historia. Unha persoa como nós que desexa vivir mellor, ter esperanza, futuro, horizonte… en definitiva, ter vida, ser máis. E xunto a cada persoa tamén hai unha familia que a acompaña e sofre a súa ausencia, que a alenta e pon nela a súa confianza. E hai ademais todo un pobo que, como sempre que hai migración, se desangra nos seus fillos mellores e máis preparados.
Non descubro nada novo porque a nosa terra de Galicia sabe moito de emigrar. Así mo contastes en tantos encontros que vou tendo convosco. Así o fixeron millóns de galegos que saíron destes terróns para buscar unha vida mellor que aquí se lles negaba ou vían imposible.
Este domingo celébrase a Xornada Mundial do Migrante e Refuxiado. Un día para pensar persoalmente, pero tamén como Igrexa e como sociedade, como afrontar este fenómeno complexo que, en palabras de Bieito XVI, se converte nun “drama multidimensional”.
Con ese obxectivo de reflexionar sobre as nosas dinámicas actuais parécenme acertadas as palabras dos bispos españois na súa mensaxe para a ocasión: “Habemos de recoñecer que aínda temos zonas de sombra no noso mirar e actuar persoal ou comunitario respecto a as persoas migradas ou refuxiadas. Habemos de vixiar para que as ideoloxías non determinen nin contaminen esa mirada. Evitemos reducionismos que, coa escusa da lexítima diversidade de opcións e visións políticas, greten a comuñón entre católicos e a comuñón cos máis empobrecidos. Por iso, aos migrantes non os idealicemos, pero tampouco os desprecemos ou problematicemos. Non son mellores nin peores que nós, son nós”.
Recoñecemos que o fenómeno, sen ser novo, é complexo e convértese hoxe, quizais, no maior reto como sociedade e comunidade internacional. Entre todos temos que seguir construíndo e
debémolo facer desde algúns principios que todos poidamos compartir. Expresábaos magníficamente o Papa recentemente: “Nunha cousa poderemos estar todos de acordo: neses mares e desertos mortíferos, os migrantes de hoxe non deberían estar – e están, desafortunadamente. Pero non é mediante leis máis restritivas, non é mediante a militarización das fronteiras, non é mediante rexeitamentos como o conseguiremos. Pola contra, conseguirémolo ampliando os roteiros de acceso seguras e as vías de acceso legais para os migrantes, facilitando o refuxio a quen foxe da guerra, da violencia, da persecución e de tantas calamidades; conseguirémolo fomentando por todos os medios unha gobernanza mundial da migración baseada na xustiza, a fraternidade e a solidariedade. E axuntando esforzos para combater o tráfico de seres humanos, para deter aos traficantes criminais que se aproveitan sen piedade da miseria allea”.
Nesta xornada convídovos fundamentalmente a estreitar a man dunha persoa migrante, coñecer a súa historia, atoparnos con ela. Só o coñecemento e a relación permítennos superar prexuízos, ideoloxías, rexeitamentos, falsas noticias. Coidemos a relación con elas, ademais, desde o convencemento de que o encontro cos migrantes é tamén un encontro co mesmo Cristo.
O voso irmán e amigo,
Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo-Ferrol




















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



