O deputado do BNG Daniel Castro defenderá que se cumpla o acordo de agrupamentos e que se repoña de inmediato a especialista en Pedagoxía Terapéutica
A Mariña, luns 30 de setembro 2024. Continúan as concentracións diante do CEIP Castro de Ouro de Alfoz ante a falta de compromiso da Xunta para facer efectivo o cumprimento do acordo de agrupamentos e a reposición da praza de pedagoxía terapéutica (PT) que foi eliminada neste curso escolar.
Desde o BNG trasladan o seu apoio a estas reivindicacións de pais e nais e de toda a comunidade educativa escenificadas coas concentracións que realizan os luns ás portas do colexio, e ás que vén asistindo o deputado mariñao Daniel Castro, que no día de hoxe anunciou que serán tratadas próximamente no Parlamento as iniciativas ao respecto desta problemática presentou e rexistrou días atrás, despois de que nais e pais lle trasladaran a situación que se está a vivir no colexio. Así, debaterase a proposición non de lei presentada polo deputado e na que se pide non levar a cabo os agrupamentos do alumnado de diferentes ciclos educativos no Ceip Castro de Ouro ao contar este con alumnado suficiente segundo os acordos asinados. Na mesma proposta ínstase tamén á Xunta a recuperar a praza de pedagoxía terapéutica.
Situación inxusta
En palabras de Castro, “nós vemos inxusta esta situación xa que o propio acordo de agrupamentos indicaba que se podería agrupar o alulmnado de primaria pertencente a distinto ciclo nunha mesma unidade cando o número fose igual ou inferior a 12, e pola contra, no CEIP contan con 15 alumnos nun dos agrupamentos” e afirma tamén que é necesario avaliar unha variable máis, porque hai outro agrupamento no que hai 12 estudantes, polo que se tén que estudar se algún deles tén necesidades específicas de apoio educativo, un feito que modificaría a ratio.
O PP pón máis trabas aos colexios do rural
Daniel Castro tampouco deixa de pasar por alto a condición da situación territorial deste colexio en pleno rural no Val do Ouro e nese sentido manifesta que é difícil de entender que a Xunta non teña a máis mínima intención de favorecer o asentamento de familias no rural galego, afirmando tamén que “o PP unha semana ataca a sanidade pública e outra o ensino público no rural e poidemos comprobalo meses atrás no Valadouro e agora en Alfoz”
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



