Foz, 12 de setembro de 2024. A directora da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) de Lugo, Ana Belén Traseira, realizou unha visita oficial ao Concello de Foz, onde foi recibida polo alcalde, Fran Cajoto. Durante o encontro trataron sobre o satisfactorio ano académico recentemente concluído e compartiron os seus plans e obxectivos para o vindeiro curso, que dará comezo neste mes.
A reunión, que tivo lugar na Casa do Concello, permitiu a ambos dirixentes resaltar a importancia da colaboración entre a UNED e o Concello de Foz para seguir impulsando a educación superior a distancia.
Traseira expresou súa gratitude ao alcalde e ao Concello polo seu continuo apoio e destacou os logros alcanzados durante o último año académico, que foi especialmente exitoso en termos de matrícula e resultados académicos. “Estamos moi contentos co progreso que logramos este ano. A colaboración co Concello de Foz foi fundamental para acadar os nosos obxectivos e brindar aos estudantes da zona unha educación de calidade e accesible”, manifestou a directora da UNED de Lugo.
Pola súa parte o alcalde de Foz eloxiou o traballo da UNED e reiterou o seu compromiso de seguir apoiando á institución: “a educación é unha prioridade para o noso goberno local e estamos orgullosos de traballar xunto á UNED para ofrecer oportunidades educativas aos nosos cidadáns. O éxito deste ano académico é un reflexo do esforzo conxunto e estamos emocionados polos plans futuros, que axudarán a fortalecer aínda máis esta colaboración”.
Na reunión, na que tamén participaron a concelleira responsable do Aula Universitaria, Elena Martínez, e a coordinadora, Marta Muíña, tratáronse novas iniciativas e proxectos para o próximo curso, incluíndo a expansión da oferta educativa e a implementación de tecnoloxías innovadoras para mellorar a experiencia dos estudantes. Todos coincidiron na importancia de seguir adaptándose ás necesidades cambiantes do alumnado e da sociedade, asegurando que a educación a distancia siga sendo unha opción viable y efectiva para todos.
A visita concluíu cun compromiso renovado das dúas partes para seguir traballando xuntos no desenvolvemento da educación a distancia no concello co obxectivo de ofrecer un acceso máis amplo e equitativo á formación académica e profesional.