A estas “chapuzas na execución das obras e constantes rectificacións”, hai que engadir “irregularidades” coma a ausencia de carteis con información nas obras do parque Rosalía de Castro e nas instalacións deportivas da Marosa onde os populares agardan que “non haxa segundas partes”
Burela, 11 de setembro de 2024. “O goberno local encabezado pola señora López Moreno non para de darse de bruces coa realidade” demostrando que “non está preparado para a xestión do día a día dun Concello coma Burela”, segundo consideran dende o PP de Burela.
Os populares remítense a numerosas “probas ao longo deste verán, por non dicir de todo este mandato” en relación ás obras executadas polo goberno local. “Un exemplo é o caso das obras na rúa Lamestra, a carón do parque de Rosalía. Houbo que rectificar as pendentes de entrada e saída do adoquinado da zona semipeonil, pola que está previsto que circulen tamén os vehículos, debido a que daban cos seus baixos no novo firme”, explican.
Outro exemplo de que o goberno bipartito non supervisa como é debido as obras que están a realizar; é unha nova rectificación. Nesta ocasión, nas sendas peonís da avenida Arcadio Pardiñas recollidas no plan de mobilidade para aplicar un novo produto co que “corrixir o estado esvaradío do firme que provocaba as caídas dos veciños e veciñas”.
Os populares afean neste caso a “premura” da alcaldesa á hora de executar esta obra apenas 24 horas despois de consultar cos veciños e veciñas. “Tendo en conta que este goberno local non se caracteriza pola súa celeridade na execución de obras, todo parece indicar que se trataba dun paripé para facer ver que lle importa a opinión dos bureleses”.
Ademais destas “auténticas chapuzas na execución das obras e constantes rectificacións”, atopámonos coas “irregularidades xa habituais por parte do goberno da señora López Moreno”. Tal e como indica a normativa vixente, “é obrigatorio colocar un cartel de obra no que figure, cando menos, o orzamento, a empresa adxudicataria e o técnico que a subscribe; algo que non existe nas obras que están en execución agora mesmo tanto no parque de Rosalía de Castro coma nas instalacións deportivas da Marosa”.
Á vista das chapuzas nas obras xa rematadas, os populares agardan que “nestas últimas non se repita o mesmo resultado” e teñamos que ver “segundas partes”.





















Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.



