Viveiro, 17 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro asinou estes días os convenios de colaboración cos clubes e entidades deportivas da vila.
“Convenios moi necesarios para que os clubes poidan realizar as súas actividades”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
As subvencións materializáronse grazas a un convenio extraordinario xestionado pola alcaldesa de Viveiro coa Deputación de Lugo (350.000 euros), e forman parte do acordo acadado polo goberno local con Por Viveiro para sacar adiante os orzamentos.
Entre o xoves pasado e hoxe asináronse os convenios co Clube Baloncesto Viveiro (22.000 euros para gastos nos anos 2023 e 2024); Clube Balonmán Viveiro (14.000 euros para gastos nos anos 2023 e 2024); Viveiro Surfing Family (6.000 euros para os anos 2023 e 2024); Escola Rugby Asterix Viveiro (6.000 euros para os anos 2023 e 2024), e a Peña Ciclista Lar de Viveiro (5.000 euros para os anos 2023 e 2024).
Tamén asináronse convenios co Viveiro CF (30.000 euros para os anos 2023 e 2024); Viveiro CF Juveniles (4.500 euros para os anos 2023 e 2024); CD Camovi (14.000 euros para a organización da Camovi nos anos 2023 e 2024); Club Ximnasia Viveiro (6.000 euros para os anos 2023 e 2024); AD San Roque (4.000 euros para 2023 e 2024); Club de Badminton o Cembedo (3.000 euros para os anos 2023 e 2024); Club de Remo Celeiro (6.000 euros para os anos 2023 e 2024); Clube Ciclista Viveiro (9.000 euros para os anos 2023 e 2024), e Clube Xadrez San Roque (1.200 euros para os anos 2023 e 2024).
Outros clubes foron o Clube Piragüismo Viveiro (6.000 euros para os anos 2023 e 2024); Club Egobarros (6.000 euros para 2023 e 2024); Club Deportivo Mergullo Viveiro (1.500 euros para 2023 e 2024); a Asociación Deportiva Cultural Pádel Viveiro (3.000 euros para os anos 2023 e 2024); Bellas & Cubi Competición (500 euros para gastos dos anos 2023 e 2024); Viveiro Club de Billar (1.000 euros para 2023 e 2024); Viveiro SD (24.000 euros para 2023 e 2024); Clube Piragüismo Viveiro (6.000 euros para os anos 2023 e 2024), e Celeiro Clube do Mar (3.000 euros para 2023 e 2024).
Quedan por asinar catro convenios con clubes deportivos, dos que o concello informará nos próximos días.





















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



