Cervo, 30 de outubro de 2024. Traballadores e traballadoras de Alcoa concentraranse na tarde deste mércores na Praza do Museo do Mar de San Cibrao para reclamar a implicación do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza ante o reiterado incumprimento dos acordos e que convoquen de inmediato a mesa de seguimento para buscar solucións que garantan o futuro industrial e a continuidade de todos os empregos.
“Hoxe concentrámonos para reclamarlle ás administracións que abandonen o seu letargo e comecen a tomar accións”, asevera Paula Insua, membro do comité pola CIG. Unhas actuacións que, enumera, deben incluír a aprobación do DBR, activar xa as PPA para ofrecer enerxía a un prezo viábel para o rearranque e que adquiran o compromiso de que, no caso de Alcoa querer pechar, a SEPI intervirá para non pechar a fábrica”.
Acusa a multinacional de querer “coller a caixa e despois facer o que lle dea gana” e ante o anuncio dun acordo de venda parcial con IGNIS, salienta que “o importante non é o que di Alcoa, senón que a súa credibilidade é nula”. Insua critica que ano tras ano, a empresa chama a representación do persoal para renegociar os termos do acordos, “restando cada vez máis posibilidades de que a planta sexa viábel”.
Incerteza permanente
A representante da CIG lembra que os traballadores e as traballadoras tanto da principal como das auxiliares, levan anos sometidos a unha situación de incerteza e ameazas permanente por parte da multinacional. “Agora, Alcoa está coaccionándonos para volver cambiar o acordo baixo a ameaza de que, de non aceptar, igual no mes de xaneiro non teñen cartos para pagar os salarios. É dicir está presionándonos para tomar decisións precipitadas e que non teñen nada que ver coa viabilidade da planta”, denuncia.
Pola contra, Insua reitera que a viabilidade do complexo de San Cibrao pasa polo cumprimento do acordo e, nomeadamente, que se acometa xa a obra do construción do forno de ánodos, “non por botar man ao fondo que se negociou para ese investimento e baleiralo”. Por iso, a CIG insiste na urxencia de que as administracións “dean un paso adiante e actúen”.
Neste senso, a sección sindical da CIG reclama que se concrete data de reunión da mesa de seguimento para abordar a situación da planta, os posíbeis acordos das administracións con Alcoa, para que os Gobernos obriguen a empresa a cumprir cos termos do acordo (investimentos e calendario de rearranque), e obter garantías de intervención, de ser o caso.
Sobre a reunión de carácter informativo convocada por Alcoa para o día 6 para tratar o acordo de asociación con IGNIS, Insua apunta que hai máis actores implicados, “como son o Goberno español e a Xunta de Galiza, que tamén terían que cumprir a súa parte para materializar ese posíbel acordo. Por iso entendemos, e así llo dixemos a Alcoa cando convocou a anterior reunión, que as administracións tamén deberían estar sentadas nesa mesa”.
Á espera de que as administracións tomen partido, os traballadores e as traballadora retoman as mobilizacións e irán intensificando as accións de protesta, segundo as necesidades, porque como se evidenciou hai catro anos, só coa loita e unha resposta firme se poderán frear os plans de Alcoa e lograr medidas que garantan un futuro industrial e con emprego para A Mariña.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



