O Presidente vén de asinar coa presidenta do colectivo un convenio por importe de 5.000€ para axudar a sufragar os gastos correntes da asociación. Unha cantidade que se suma aos máis de 160.000€ que achegou a institución provincial nos últimos anos para o funcionamento desta entidade e ás melloras da súa sede situada en Celeiro
Lugo, 28 de outubro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar no Pazo de San Marcos coa presidenta de ASPANANE, María Dolores Fernández, un convenio por importe de 5.000€ para colaborar cos gastos correntes desta asociación. A institución provincial renova así o seu compromiso coa atención das persoas con discapacidade intelectual da provincia, que nos últimos 8 anos se traduciu nun investimento de máis de 165.000€ para o funcionamento desta asociación e as melloras da súa sede.
Tomé Roca explicou que o compromiso da institución provincial con ASPANANE “é moi grande”. “Nos últimos anos colaboramos coa Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro cun investimento moi importante que se traduciu en reformas e melloras do seu centro ocupacional situado en Celeiro; en achegas para colaborar cos seus gastos correntes e tamén en continuas colaboracións para a realización de talleres, compra de material e diferentes iniciativas encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos seus usuarios e usuarias”. Un compromiso do que Tomé Roca asegurou sentirse “moi orgulloso”.
“As políticas sociais son un dos piares da nosa acción de Goberno, dicímolo sempre e demostrámolo con feitos, asinando convenios coma este ou apostando por unha rede de residencias propias”, valorou Tomé Roca. Detallou que a Deputación destina ás políticas sociais un terzo dos Orzamentos, 38M€ este ano, “un esforzo enorme co que suplimos as carencias da Xunta, que é quen ten as competencias”.






















Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



