Foz, 5 de Outubro, 2024. A Plataforma quere saír ao paso de diversas manifestacións realizadas nos distintos medios de comunicación “por algúns membros do goberno municipal de Foz (Sr.Cajoto e Sra. Ana Rojo), nas que afirman que o custo para o Concello dos servizos de Residencia da Terceira Idade e Centro de Dia de Foz ascende a uns setecentos mil euros/ano (700 mil/ano)”, a este respecto puntualizan o seguinte:
1.- É totalmente falso que o custo para o Concello da Residencia e Centro de Dia de Foz ascenda a esa cantidade, afirmamos isto porque en diversas reunións que esta plataforma mantivo con representantes do Concello, nos que estaban presentes os membros do equipo do goberno citados, estes trasladáronnos que o custo mensual oscilaba entre 27/31 mil euros mes, que multiplicado por doce meses/ano resulta un importe anual duns 345/350 mil euros, por tanto son falsas as cifras que se están publicando. Ademais, estas cantidades estanse pagando desde Xaneiro 2023, anteriormente o coste po Concello era nulo, as tarifas que pagaban os residentes eran suficientes para o custo do servizo, isto resultou así debido a unha nefasta xestión o non sacar a licitación o servizo con anterioridade a esa fecha.
2.- Ás veces, de forma interesada ou non, transmítense unhas cantidades de gasto como que corresponden integramente os servizos da Residencia da Terceira Idade e Centro de Dia de Foz que son asumidos polo Concello nos cales se inclúen tamén os custos do servizo do SAF (Servizo de Asistencia no Fogar) e que son conceptos totalmente diferenciados, os servizos do SAF son asumidos por case todos os Concellos de Galicia e teñen un tratamento similar en todos eles, unha parte págaa a Xunta, outra o usuario e a diferenza os Concellos, pero resulta rechamante que estes custos mestúrense cos da Residencia e Centro de Dia, o cal e totalmente falso e dá lugar a interpretacións erróneas.
3.- Si se aceptasen a nosa proposta inicial, que consistía en incrementar con carácter inmediato as tarifas actuais nun 20,2%, porcentaxe similar ao incremento experimentado polo IPC no período 2019-2023, hoxe estariamos a falar dun menor custo para o Concello duns 180 mil euros/ano (15 mil Euros/Mes), cantidade que se iría actualizando, dado que na nosa proposta contemplábase tamén a revisión anual das tarifas resultantes en base ao IPC do ano anterior, proposta que nunca foi tida en consideración polos representantes do Concello, prefiren que os actuais residentes paguen o 100% do custo resultante dun Estudo de Viabilidade, que como xa denunciamos en diversas ocasións, está inflado nas distintas partidas de gasto nunha cantidade global que supera os novecentos mil euros (900.000.-), ocultando desa forma os reais beneficios da empresa que resulte como adxudicataria do Contrato, a este respecto denunciamos tamén que os actuais residentes paguen as mesmas tarifas hoxe que os que se vaian a incorporar no ano 2030.
“Coa nosa proposta, presentada o pasado mes de Xuño, o custo para o Concello ao final dos sete anos de duración do Contrato sería mínimo, no que vai de ano (desde maio a outubro) o custo sería menor nuns 75 mil euros (15 mil /mes x 5 meses), cantidade asumida polos actuais residentes de acordo con a citada proposta, a cal xamais se quixo valorar, nin negociar, por parte dos responsables do Concello”.




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



