Mira que poñemos interese para entender as actitudes do Bng, pero por moito que o intentamos non somos quen.
¿Cómo se pode ser tan incoherente? ¿Cómo se pode cambiar tanto o discurso nun ano? ¿Ou será que recuperaron a vista de repente? Levoulles dezaseis anos ver as fochancas, pero por fin danse conta da herdanza que realmente deixaron. Se é así alegrámonos ben, aio!! Porque non pode ser que hai un ano e pouco estiveran as pistas e carreteras sen fochancas e de repente saíran todas xuntas. De repente, todo está mal!! Imposible!!
Bueno… mal si que está!! Claro que está mal!! De feito está moi mal, pero xa está mellor que cando chegamos nós ó goberno. Cada día aparece unha cousa nova que arranxar, pero o problema non é deste último ano. O problema son dezaseis anos de deixadez e de abandono. O problema xa o dixemos nós e o repetimos durante a última lexislatura. O problema é unha falta de planificación absoluta durante dezaseis anos. Intentaron ir solucionando no, PARCHEANDO problemas puntuais e claro, agora reventa todo. Era moi previsible, pero era ben que o grupo municipal do Bng se relaxase, era ben que empezaran a ser algo coherentes e deixaran de facerse oposición a eles mesmos.
Nós en ano e pouco xa actuamos, e aínda queda moito máis por facer e iremos pouco a pouco investindo. Todo xunto non se pode pero xa temos unha planificación de inversión. “PLANIFICACIÓN”, algo que non existiu no concello de Ribadeo durante dezaseis anos!!
Co Plan Avanza Rural investiranse 685.000€ na carretera da costa e nas carreteras do interior. En todo o concello, e non só nas pistas aglomeradas, senón tamén en pistas de terra que dende a concentración parcelaria non volveron mirar para elas. Neste momento estamos limpando as cunetas das parroquias da costa gracias á colaboración da Xunta de Galicia con unha motoniveladora, pala e camión con coste para o concello de CERO EUROS. HAI QUE XESTIONAR, cousa que o Bng non fixo en dezaseis anos…
Ve as fochancas agora cando en realidade xa hai moitas menos que cando eles se foron, hai só un ano e pouco. Xa os avisamos que non viñemos para estar senón para facer e non nos fixeron caso … Non tiveron capacidade de xestión e agora “esixen”. Pero, ¿a quén pretenden enganar?
En fin … nós ó noso, traballando arreo, defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.


















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



