Criticou que a Xunta de Galicia se atribúa fondos que son transferidos polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Lugo, 2 de outubro de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantivo un encontro coa presidenta de FADEMUR, Verónica Marcos, e varias representantes da Federación de Mulleres Rurais, no que destacou o apoio do Goberno ao sector gandeiro da provincia na súa loita contra as enfermidades que afectan ao gando bovino e que están a ocasionar grandes prexuízos económicos ás granxas. Así, aclarou a orixe da liña de axudas anunciadas e lamentou que, unha vez máis, a Xunta trate de vender como propios uns fondos que son transferidos polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A subdelegada informou de que o BOE publicou o real decreto aprobado no Consello de Ministros a pasada semana, que recolle as bases reguladoras das axudas de 23 millóns de euros ao sector gandeiro español para compensar os gastos ocasionados pola Enfermidade Hemorrágica Epizoótica (EHE), financiar o Programa nacional de erradicación da tuberculose bovina e a compra de vacinas contra o serotipo 8 da lingua azul.
No caso de Galicia, as axudas para paliar os danos ocasionados ás explotacións pola EHE ascenden a 2,8 millóns de euros, que representan a metade dos 5,6 millóns anunciados pola Consellería de Medio Rural para as granxas afectadas. A subdelegada reiterou “a importancia de manter unha lealdade institucional e transparencia para remar todas as administracións a favor e en beneficio das gandeiras e gandeiros galegos”.
Nesta mesma liña engadiu que, pese a que a sanidade animal é unha competencia exclusiva das comunidades autónomas, o ministerio que dirixe Luis Planas decidiu reforzar con fondos estatais as axudas ás explotacións gandeiras para mobilizar máis de 30 millóns de euros no conxunto do país.
Finalidade das axudas
As axudas irán destinadas a compensar polas perdas de animais, pola desinsectación das explotacións e polos gastos veterinarios incorridos polo gandeiro para loitar contra esta enfermidade, entre os que se inclúen os desembolsos para a adquisición de vacinas para aqueles gandeiros que decidan voluntariamente utilizala.
Desta forma, o Goberno cumpre co seu compromiso anunciado no Foro Nacional da Gandería Extensiva, celebrado en Toledo en maio, de poñer en marcha un programa nacional de apoio económico aos gandeiros afectados pola EHE, unha enfermidade que chegou a España en 2022 e tivo un importante impacto no gando vacún na maior parte do país desde entón.
Para combatela, o Ministerio de Agricultura comprometeuse tamén a traballar coas empresas farmacéuticas, para poñer ao dispor do sector unha vacina eficaz. O impulso do Goberno permitiu que esta vacina estea dispoñible desde o pasado mes de agosto e se poida utilizar de maneira voluntaria.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



