Burela, 29 de outubro, 2024. Este martes clausurouse en Burela (Lugo) unha nova edición da “Interfederativa de Confrarías de Pescadores do Cantábrico-Noroeste”, un evento que impulsa desde hai anos a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo para reflexionar sobre temas de interese das frotas artesanais, analizar a súa situación actual e os principais retos de futuro.
A secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime; o concelleiro de Mar do Concello de Burela, Ramiro Fernández; e o presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo e da Federación Nacional de Confrarías, José Basilio Otero, presidiron o acto de clausura do Congreso de Pesca Artesanal do Cantábrico-Noroeste, no que presentaron un resumo das conclusións e acordos acadados entre o sector pesqueiro e as administracións.
Previamente, este martes pola mañá levouse a cabo unha reunión de traballo conxunta entre representantes das confrarías e das administracións pesqueiras, tanto de España como das comunidades autónomas do Cantábrico. Durante máis de tres horas os representantes do sector expuxeron ás administracións as principais conclusións derivadas da primeira xornada da Interfederativa, que se celebrou o luns pola tarde, e na que participaron representantes das Federacións de Confrarías de Guipúzkoa, Bizkaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega de Confrarías.
O presidente da Federación Provincial de Confrarías de Lugo, José Basilio Otero, compartiu as conclusións que se debateron na Interfederativa do luns e que se acababan de presentar ás representantes da administración.
A principal reclamación dos depósitos é tratar con urxencia coas diferentes administracións os puntos que xa se acordaron hai un ano, e nos que apenas se avanzou.
De feito, moitos dos temas tratados nesta edición repiten con respecto ás problemáticas do pasado, como os espazos vulnerables mariños e a eólica mariña, o atún vermello, o novo RD de Mariña Mercante, o novo Regulamento de ordenación de navegación marítima, a potencia dos motores ou o equilibrio e desequilibrio da frota.
Ademais daqueles, tratáronse outros como o relevo xeracional; o anteproxecto de lei de control, inspección e réxime sancionador da pesca marítima; o RD sobre recoñecementos médicos das persoas embarcadas; as posibles melloras no funcionamento das anotacións de saída, entrada, desembarques, descartes… nos barcos de artes menores; as novas obrigacións das envasadoras tras a aprobación do RD de envases; os anzois palangrillo e número de redes; ou a revisión da PPC.
En representación do Concello de Burela, Ramiro Fernández, un dos poucos concelleiros de Mar que hai en España, agradeceu a todos os participantes a súa estancia en Burela e felicitou ás dúas confrarías de pescadores da provincia de Lugo que no último ano cumpriron os seus 100 anos de historia: Burela e Celeiro, presentes a través dos seus patróns maiores: Basilio Otero e Domingo Rey. O edil tamén recalcou a importancia dalgún dos temas tratados, como o do relevo xeracional, de vital importancia en poboacións como a de Burela, tan vinculada ao mundo da pesca.
O peche de clausura correu a cargo de Isabel Artime, en representación do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que un ano máis felicitou á organización por celebrar este tipo de reunións, consolidadas xa como un referente e que se converten nunha ferramenta fundamental para que a administración reciba o feedback do sector.
A secretaria xeral de pesca resaltou non só os desafíos aos que se enfronta hoxe en día o sector pesqueiro español, senón tamén os retos que a propia administración ten por diante, sempre para poder ofrecer un mellor servizo ao sector, como a dixitalización da pesca. Nesa liña, Isabel Artime recalcou a importancia da modernización da frota, lembrando as palabras do ministro, Luis Planas: “a pesca do século XXI tense que facer con barcos do século XXI”.
O encontro, que tivo lugar no Hotel Nordés de Burela o 28 e 29 de outubro, contou tamén coa asistencia doutros representantes das administracións central e autonómicas, como o director xeral de Pesca Sostible, Ramón da Figuera Morais; a directora xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Mª Aurora de Blas Carboeiro; o subdirector xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Pedro Ribeiro Domínguez; o director xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias, Francisco González Rodríguez; o director de Pesca e Alimentación de Cantabria, Paulino San Emeterio; e o director de Pesca e Acuicultura do País Vasco, Leandro Azcue Múgica.
Tamén estiveron presentes o director xeral de Mariña Mercante, Gustavo Santana Hernández, e a subdirectora adxunta de Seguridade, Contaminación e Inspección Marítima, Ángela Pazó dos Santos.
No acto de clausura uníronse os representantes das organizacións de pesca da provincia, como Armadores de Burela, Porto de Celeiro, OPP-7 do Porto de Burela e OPP-77; ademais doutras entidades pesqueiras e financeiras de ámbito local.






















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



