Lugo, 25 de outubro de 2024. Monterroso, Outeiro de Rei, Barreiros, Baleira e Castroverde acollen esta fin de semana representacións do Circuíto de Teatro Profesional impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación que inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.
26 de outubro. 18.30 horas. Centro Sociocultural. Monterroso
Ubú Teatro. O vixilante de soños
Teatro con monicreques. Público familiar a partir de 3 anos
Desde pequeno, Sonólicus quere chegar á lúa. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas esmoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa que lle
medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte apra sempre no
vixiante do sono e dos soños infantís.
Autoría: Ana Carreira
Dirección: José Campanari
Elenco: Marga Portomeñe e Ana Carreira
Duración: 45 minutos
26 de outubro. 19.00 horas. Colexios Vellos de San Miguel. Barreiros
Mircromina Títeres. Alma de Cartón
Traxicomedia experimental. Publico a partir dos 16 anos.
O cotián máis proximo a tomarse un café queda lonxe dos misterios da alma, tan tan lonxe que se tocan. A política é cada bocado que lle das ao corpo e a infamia segue a estudiarse nos libros de texto. Que máis se pode pedir? Internet…redes…citas.
Autoría: Señor Bigote
Dirección: Servosistema
Elenco: Ton Arenas.
Duración: 50 minutos
26 de outubro. 19:00 horas. Local Social O Cruceiro. Outeiro de Rei.
A Compañía Solitaria do Dr. Monifate. Badman, un home malo
Comedia tráxica con notas musicais. Publico a partir dos 16 anos.
Andréas Kakós Ánthropos (un home malo) na súa busca do mal atopou dous elementos que lle permiten facer o mal: a verdade e a arte contemporánea. Sobre estes dous elementos constrúe un monólogo dialogado no que pretende incomodar ao público. Logo de tentar amosar o mal a través dun home malvado, Andréas decátase de que o mal xa está aló, no cotiáne entre o público, polo que trata de facer reflexionar sobre a maldade intrínseca do humano e a súa necesidade. Unha peza nun reducido espazo con aproximacións á comedia e ao monólogo (cómico?) dende unha perspectiva filosófica. Cancións e música para suavizar o mal, ou para darlle énfase. Un diálogo co público no que, contrariamenteás pezas que “dialogan co público”, permítese que este responda e fale. Unha perspectiva que cuestiona a bondade de todo o ben que facemos e o mal necesario que deixamos facer.
Autoría, dirección e elenco: Gustavo Fouce.
26 de outubro. 19.00 horas. Centro Sociocultural do Cádavo. Baleira
Bátega Teatro. O mundo de Martiña.
Teatro Musical. Público a partir dos 14 anos.
Martiña é unha nena moi curiosa e espilida, mais hai coisas que non logra enteender, como por exemplo que as súas opinións sexan menos importantes que as dos adultos, ou que teña que calar e obedecer a papá, a mamá, ao pai Edelmiro, á tñia Amparo…., cando é evidente o trabucados que están acotío. Iso de que estean Deus, o Ratiño Pérez, os Reis Magos ou o anxiño da garda observándoa para xulgar o seu comportamento e premiala ou castigala, tampouco lle acaba de gustar. Na segunda metade do espectáculo, veremos a Martiña medrar, afrontar a regra, a paixón adolescente, a autoridade paterna ou o mundo laboral. Verémola sortear obstáculos e sacar conclusións. A través dun monólogo teatralizado, musicado e entretecido con cancións, Martiá enfrontarase á vida coas armas que vai descubrindo. O seu espítiro crítico e as súas dúbidas respecto ao establecido nunca a abandoarán.
Autoría e dirección: Raquel L. Cendán
Fotografía: Diego Núñez
Técnica: José Antonio Salvador
Elenco: Pedro Insua e Raquel L. Cendán
Música: Pedro Insua
27 de outubro. 18:00 horas. Centro Sociocultural. Castroverde.
Teatro do Miolo. Saíndo do cerco.
Comedia. Todos os públicos
Suso é o un novo residente do centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da vida, esta xa non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida.
Autoría e dirección: Guillermo Cancelo
Elenco: Chelo Lamela, André Vázquez e Guillermo Cancelo.
Duración: 50 minutos
Circuíto de Teatro Profesional: 59 representacións de 14 compañías
Trécola Producións, Xamón Producións, Ítaca Teatro, Ubú Teatro, Pinconús, Teatro do Miolo, Señor López Producións, Satori Teatro, Baixo da Area Teatro, Lîlâ Teatro, Bátega Teatro, Mocromina Títeres, A Compañía Solitaria do Dr. Monifate e Loia Producións xirarán por toda a provincia co Ciclo de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo con propostas escénicas están destinadas a distintos públicos, desde teatro de títeres para público novo ata montaxe con gran peso do baile tradicional e da música en directo na escena ata adaptacións teatrais de textos literarios como Poeta en Nova York.
O calendario, confeccionado coa colaboración de concellos e asociacións, inclúe representacións en A Fonsagrada, A Pastoriza, A Pontenova, Alfoz, Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Barreiros, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castroverde, Cervo, Chantada, Cospeito, Foz, Friol, Guitiriz, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Navia de Suarna, O Corgo, O Saviñao, O Valadouro, O Vicedo, Outeiro de Rei, Pantón, Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Samos, Sarria, Taboada, Vilalba, Viveiro, Xermade.






















A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



