A Mariña, 21 de outubro de 2024. Cervo e Foz serán as seguintes paradas das rutas e visitas guiadas de outono da Mancomunidade: A Mariña. Plans con Corazón os días 26 e 27 de outubro.
Noela Feal será a encargada de guiar aos participantes a través da parroquia de Lieiro, en Cervo, onde se unen o liño e o mar. Os asistentes coñecerán a relevancia histórica na produción de liño, a orixe do seu nome, así como o proceso completo da súa elaboración e achegaranse ata o Museo do Mar, onde profundarán nesta temática. Será o vindeiro sábado, 26 de outubro.
Xa o domingo Ana Pena guiará a visita Sabor a mar por Foz, cuxa historia está intimamente ligada ao mar. Os participantes recibirán información sobre a importancia do seu porto, así coma dos astaleiros e fábricas de conservas. Ademais, a través dun paseo costeiro, poderán descubrir algunhas praias e miradoiros. A xornada concluirá no Paseo dos Malates xunto ao río Centiño.
Aínda quedan prazas dispoñibles para participar nestas actividades. As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse en https://amarinalucense.gal/es/a-marina-planes-con-corazon.
Rutas da pasada fin de semana
Dezaseis persoas procedentes de Burela, Xermade, Lugo, Foz, Viveiro e Siero (Asturias) gozaron o pasado sábado dunha ruta polo Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, para coñecer o corazón da relixiosidade popular e as crenzas ancestrais do municipio, ademais dun espazo natural con flora e fauna de ribeira. A importancia da auga para as civilizacións precristiás, tanto sexan pozos, como fontes ou fervenzas, está indiscutiblemente vencellada a tradicións, que ainda hoxe perviven nesta zona da Mariña. Esta ruta foi guiada por Carmen Delia, La Guiateca.
E o domingo tivo lugar O tesouro escondido, en Alfoz. A través do paseo os visitantes puideron coñecer algún dos lugares máis emblemáticos do concello. A xornada comezou na área recreativa da Ponte Nova, para continuar ao carón do paseo do río Ouro. A continuación o grupo achegouse ata a parroquia do Castro para contemplar as fermosas vistas do val e coñecer o conxunto formado pola igrexa e o Castelo do Castrodouro, emblema do municipio e ben de interese cultural. Ademáis puideron asistir a unha masterclass impartida polo recoñecido artesán Moncho Vázquez, que consistiu nun obradoiro participativo de cestería. Dezasete persoas acudiron á ruta do pasado domingo, que guiou Ana Pena, procedentes de Burela, Foz, Barreiros, Lugo, Castro de Rei, A Coruña, Lourenzá.
A Mariña. Plans con corazón. 16 rutas e visitas guiadas por 16 concellos, é un proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística na temporada de outono.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



