Ribadeo, 2 de outubro de 2024. Cos dous novos obradoiros de emprego Ribadeo actuará nos parques, xardíns e rotondas e programará accións culturais para contribuír á dinamización do rural.
O alcalde, Dani Vega, declarou que “Ribadeo e Barreiros apostan pola formación e polo emprego. Creo que é algo a destacar. Dous concellos, evidentemente, dous gobernos de distinta cor, pero que están xuntos non importante: traballar polos seus municipios, apostar pola formación e apostar pola unha busca activa do emprego”.
O rexedor dixo: “teño que felicitar, sen lugar a dúbidas, ao Concello de Barreiros tamén os técnicos municipais do Concello de Ribadeo e á Xunta pola financiación. Estamos a falar dunha financiación que supera os 400.000 euros para os obradoiros tanto de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes como tamén o obradoiro de dinamización, programación e desenvolvemento de acciones culturais”.
Para Vega “apostar pola formación é algo moi importante, utilizar os obradoiros como obxecto de busca activa de emprego eu creo que é algo a subliñar. Dende logo, cando estivemos cos alumnos dixémoslles que a formación é importante, que non poden entender un obradoiro como un tempo onde hai un soldo e nada máis. Temos que dicírllelo e eles teñen que entender que é unha oportunidade formativa para esa busca de emprego”.
O alcalde contou que “o Concello de Ribadeo aportou a documentación necesaria para que poidamos ter ese obradoiro. Onde imos actuar no obradoiro de formación de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes? Vamos actuar no Parque de San Francisco, no Parque de Indianos, na pista de skate, na área verde da Atalaia, na zona axardinada do Cargadoiro, tamén nas rotondas que están situadas na Avenida de Asturias e Clemente Martínez Pasarón, na intersección entre Avenida de América, Avenida de Galicia e Virxe do Camiño e tamén na Avenida de Ría de Ribadeo. Son espazos que, sen lugar a dúbidas, temos que seguir coidando, seguir mimando, pero si podemos melloralos moito mellor. Creo que o imos facer, o Concello de Barreiros tamén determinou os seus espazos, moitos deles na zona rural”.
Dani Vega explicou que “na dinamización, na programación de desenvolvemento de acciones culturais, Ribadeo vai actuar na dinamización cultural do rural a través de talleres como pode ser a tecnoloxía móbil, a risoterapia, a pintura, as manualidades, tamén creo que é importante participar neses eventos culturais que estamos tendo por todas as nosas parroquias, nas actividades de Preto de Ti. Creo que Ribadeo é un dos concellos con máis actividades en todas as parroquias, un dos concellos que ten actividades concretas para as persoas é tamén as actividades da animación sociocultural tanto na residencia municipal como no centro de día a Concordia. Tamén actuaremos nos proxectos de xestión cultural de Ribadeo, poño como exemplo nas actividades onde poñemos en valor a persoas ilustres, o patrimonio artístico de Ribadeo, a historia…”.
E engadiu: “eu creo que é importante tamén deseñar e impulsar proxectos de animación físico-deportiva como pode ser Paseando pola vida. Son actividades importantes nas que van ter a oportunidade de interactuar con persoas e o máis importante é formarse para buscar ese emprego que é tan importante para que o Ribadeo siga medrando”.




















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



