Ata hai pouco non sabía da chamada ‘Lei de Goodhart’. Esta ‘lei social’ ven dicir que cando o superar unha métrica [no sentido dun indicador clave do rendemento, é dicir, indicador dos logros acadados por unha persoa ou grupo en relación a uns obxectivos prefixados] se converte nun obxectivo, deixa de ser unha boa métrica para o que fose definida. Ven ó caso na educación, por exemplo. Se o obxectivo dun curso remata sendo a superación dunhas probas determinadas, o resultado desas probas non terá un significado en relación coa formación do alumnado que segue ese curso, senón só en relación á preparación para as propias probas. Un caso práctico do que remato de dicir sería a selectividade. Se no segundo curso do bacharelato unha materia adica o seu tempo de clase a que o alumnado sexa capaz de superar a proba de selectividade correspondente a esa materia, poderase lograr que unha alta porcentaxe de alumnado pase a proba ou que a súa nota media sexa alta. Mais nese caso, o converter o pasar a proba en finalidade, fai que non sexa apta para dicir se a alumna ou alumno está formado na materia da proba. Ou sexa, esas probas pasan a ser literalmente iso: probas que dan acceso á universidade. E nada máis. En educación hai máis casos que se poden comentar, como as probas PISA, que inicialmente virían medir o rendemento do ensino medio, ou os diversos rankings universitarios, que tamén de xeito inicial virían medir a ‘bondade’ dunha universidade en relación ó conxunto.
O resume do anterior parágrafo pode ser que, se institucións e sociedade fan que o alumnado se obsesione coa ‘nota’, o obxectivo dos discentes deixará de ser maximizar a aprendizaxe para pasar a ser o maximizar a súa nota, sen importar que para iso teñan que botar man de copieteo ou outros métodos.
A lei non é só de aplicación na educación. Nin moito menos. Pode ser unha porta de entrada ó rexeitamento da democracia sen outra alternativa: Se o resultado que queren os partidos é o maximizar o voto, dirixirán as súas accións a iso, e non a beneficiar á sociedade, á xente. De aí a diversos chanchullos hai un curto paso. E vense saltar as regras da democracia porque non se considera a uniformidade do voto ou mesmo o voto en si, que pasa a ser só un título para exercer o poder uns anos máis, independente do beneficio social dese poder. E pode ser por diversas circunstancias ou métodos, e non só polo uso partidario de sistemas electorais cunha lóxica como a distribución D’Hondt, os distritos electorais provinciais con diferente peso de cada voto ou as artimañas do ‘Gerrymandering’ nos EEUU para ‘aproveitar os votos’ dunha zona. Así, rematamos atopando que os votantes están (estamos) afondando no escepticismo sobre a saúde democrática dos estados, como ocorre nunha recente enquisa do N. Y. Times, que cuantifica na metade da poboación a que pensa que ‘os políticos’ (así, en xeral, sen facer distingos aínda que haxa diferencias) non fan un bo traballo representando a xente, e en tres de cada catro que pensan que é un desafío para a democracia.
Así, segundo a ‘lei de Goodhart’, a solución para curar a democracia, ‘o menos malo dos sistemas de goberno’, pasaría por fiar máis fino nos sistemas electorais. Algo que, cos enormes intereses en xogo, non é doado.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



