Coa súa incorporación refórzase a presenza da Garda Civil en 6 postos da provincia, alcanzando unha cobertura superior ao 95% nas unidades de seguridade cidadá
Lugo, 8 de outubro de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, Manuel Touceda, recibiron esta mañá ao alumnado da 129º Promoción da Academia de Gardas de Baeza, que realizarán as prácticas en 6 postos da provincia. Concretamente, iniciarán a segunda fase do seu período formativo 4 homes e 4 mulleres con idades comprendidas entre os 23 e os 39 anos nos concellos de Vilalba, Rábade, Monterroso, Sarria, Burela e Foz.
A subdelegada subliñou o dobre obxectivo de “proporcionar unha experiencia sobre o territorio aos futuros gardas civís, ao tempo que se mellora a presenza de profesionais nas unidades territoriais de seguridade cidadá, alcanzando unha cobertura superior do 95%”.
Durante 40 semanas, estas 8 persoas prestarán servizo nas compañías de Lugo, Vilalba, Monforte e Burela, nos postos anteriormente mencionados, para posteriormente pasar á situación de comisión de servizos á expectativa da obtención de destino a través de concurso. No que atinxe á procedencia dos alumnos e alumnas, 6 son de Lugo, 1 de Pontevedra e 1 da Coruña.
A subdelegada felicitou aos novos gardas destacando “a equidade desta promoción, con 4 homes e 4 mulleres que prestarán servizo na provincia e que son mostra do incremento porcentual de alumnas nas academias de formación e, posteriormente, na Garda Civil”. Nesta liña, trasladoulles a importancia “de que descubrades no día a día esta profesión tan sacrificada pero á vez fermosa, uns meses que de seguro ides lembrar ao longo da vosa futura carreira”. Ademais, destacou o feito de que “iniciedes a vosa andaina en concellos desta provincia, onde o corpo da Garda Civil é moi respectado pola súa contribución non só en materia de seguridade, senón tamén no eido da protección social”.
Reforzo da Garda Civil
Isabel Rodríguez manifestou o incremento orzamentario e formativo do Goberno para que, na actualidade, a Garda Civil dispoña en Galicia do maior número de efectivos na súa historia: máis de 5.300 homes e mulleres.
Neste senso, o pasado mes de xuño aprobouse unha nova oferta de emprego público que permitirá que o ano que vén se incorporen aos centros de formación un total de 2.721 gardas alumnos, a cifra máis alta desde 2009.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



