Foz, 10 de outubro de 2024. O Concello de Foz iniciou os traballos de arranxo de camiños nas parroquias de San Martiño e Santa Cilla, con cargo ao Plan de Rehabilitación de Camiños de zonas de concentración ou reestruturación parcelaria 2023-2024. As obras, orzamentadas en 97.500 euros, están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenrolo Rural (Feader) nun 62 por cento, o Concello de Foz nun 17,4 %, a Xunta de Galicia nun 14,5 % e o Ministerio de Agricultura nun 6,2 %.
As actuacións comezaron coa limpeza de cunetas e foxos nos lugares da Veiga de Marcos, Ver e Reiriz, en San Martiño, e Vilatuixe, en Santa Cilla.
O alcalde, Fran Cajoto, destaca a necesidade de mellora destes camiños, que levaban moitos anos sen un arranxo e que demandaban asociacións de veciños e particulares: “Procedemos á limpeza das marxes e en pouco tempo comezaremos cos traballos de mellora de firme, cun dobre tratamento con rega asfáltica. Estes traballos son posibles fundamentalmente polo apoio da Unión Europea, a través dun plan dirixido a viais en parroquias con concentración parcelaria. Seguimos traballando para a mellora de toda a rede viaria, con distintos plans e liñas de actuación. Pedimos a todos desculpas polas molestias durante a execución dos traballos”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



