Santiago de Compostela, 10 outubro 2024. A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou en Lugo ao Goberno do PP que poña en marcha un plan para mobilizar vivenda baleira co obxectivo de destinala ao réxime de aluguer para que a mocidade e as familias con rendas baixas poidan acceder a unha vivenda en alugueiro “a un prezo que poidan pagar”.
Pontón explicou dende Lugo, a onde se desprazou para asistir ás Festas do San Froilán que, aínda que é importante acelerar a construción de vivenda protexida, esta medida non vai ter “ningún efecto” no curto prazo para resolver un dos principais problemas do País e que tamén sofre a veciñanza lucense, que é o acceso á vivenda.
Por iso, insistiu en reclamarlle ao Executivo de Alfonso Rueda que poña en marcha un plan para mobilizar vivenda baleira que, ao estar xa construída, podería poñerse de maneira rápida xa en réxime de alugueiro para as rendas máis baixas e para a mocidade.
“Cremos que esta é unha medida que tería un gran impacto positivo”, afondou a líder nacionalista, quen explicou que deste xeito se posibilitaría, primeiro, poñer a disposición da cidadanía moitos dos inmobles que xa están construídos e, en segundo lugar, que permitiría dar resposta moito máis rápida ao problema da vivenda que agardando á construción de vivenda pública “que ten unha tramitación moito máis lenta” e que, polo tanto, “no curto prazo non vai facerse realidade”.
Pontón advertiu da “importante responsabilidade” que ten a Xunta para frear o “descontrol” dos prezos da vivenda, un Goberno do PP que “non ten exercido as súas competencias” neste ámbito de actuación, o que exemplificou na propia capital lucense.
“As últimas vivendas que se promoveron nesta cidade foron cun goberno do BNG e o Partido Popular o que fixo foi unha paralización total da promoción de vivenda pública en Lugo”, criticou, para recalcar a continuación a ausencia de políticas públicas neste ámbito, “pese a que a cidadanía vén sufrindo a falta de vivenda e un encarecemento dos prezos”. Por iso, considerou preciso que o Executivo de Rueda que non se quede nas promesas e tome medidas que realmente permitan frear a escalada de prezos.
San Froilán, cita inescusable na axenda
A líder nacionalista non quixo faltar ás Festas do San Froilán, nas que compartiu coa veciñanza tradicións tan asentadas como a visita ás casetas para degustar o clásico gastronómico do polbo á feira, tal e como fan miles de lucenses durante estes días.
“Son para min unhas festas moi especiais, porque como sarriá, se algunha cita tiña moi claro na miña vida era vir todos os anos a desfrutar do San Froilán e é unha tradición que sigo facendo”, explicou para engadir que espera nos próximos días volver coa súa filla para que ela tamén continúe a tradición de ter esta celebración como unha referencia inescusable.
Por iso, animou non só aos veciños e veciñas de Lugo, senón aos de todo o País a achegarse a Lugo, “a apostar tamén polo interior de Galiza”, e coñecer unhas festas nas que van ter a mellor acollida e nas que aínda quedan xornadas para seguir desfrutando.
De igual xeito, parabenizou a todas as persoas que fan posible un San Froilán do que tamén destacou a exposición que, aproveitando a celebración, permite a cidadanía e visitantes afondar un pouco máis na historia local, tal e como fixo ela mesma esta mañá.
Neste sentido, Pontón recoñeceu o traballo que neste sentido está facendo o BNG en Lugo, co tenente alcalde, Rubén Arroxo á cabeza, ao apostar no só por seguir mantendo a identidade das festas, senón por ser unha peza fundamental no traballo de dinamización da cidade de Lugo.
Intervención pública, única solución para Alcoa
A preguntas dos xornalistas sobre a situación de Alcoa, a portavoz nacional reclamou ao Goberno do Estado e da Xunta que deixen de actuar como “comparsas” da multinacional estadounidense e pediu unha vez máis a posta en marcha da intervención pública da planta da Mariña como única de vía para salvar a fábrica de aluminio e os miles de postos de traballo que dependen dela.
“Hai moito tempo que estamos preocupados e preocupadas pola situación de Alcoa, porque estamos vendo como esta multinacional ten un plan moi claro para desmantelar a súa produción en San Cibrao”, asegurou a líder do Bloque, lamentando que “no lugar de estar defendendo os intereses dos veciños e das veciñas, dos traballadores e das traballadoras” o Goberno do Estado e mais a Xunta estean “facendo de comparsa” de Alcoa. “A única medida que a estas alturas garante a viabilidade da produción da única planta de aluminio primaria que hai en todo o Estado é unha intervención pública”, concluíu.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



