O proxecto, que pretende mellorar a visibilidade da sinalización horizontal e a seguridade dos peóns, inclúe o repintado de 18 rúas
Vilalba, 15 de outubro de 2024. A Concellería de Infraestruturas Urbanas do Concello de Vilalba vén de dar conta dun novo proxecto de repintado e mellora da sinalización horizontal en máis dunha quincena de rúas do casco urbano vilalbés, no que se inclúe o cebreado dos pasos de peóns e o repintado da sinalización horizontal para mellorar a súa visibilidade, así como a seguridade dos peóns e demais usuarios da vía.
Xunto á alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, supervisou na mañá de onte os traballos de cebreado que se estaban a realizar na rúa Campo de Puente e que se suman á trintena de pasos de peóns que se repintaron e se prevé acondicionar nos vindeiros días.
Nesa liña, o Concello de Vilalba inclúe no seu proxecto de mellora da sinalización horizontal, o cebreado da Rúa Cuart de Poblet, a Rúa de Abadín, a Rúa Ribadeo, a Rúa Benxamín Paz, a Rúa Mestras Amelia e Sagrario, a Avenida da Terra Chá, a Rúa Campo de Puente, a Rúa Novo Cazón, a Rúa Luis González Valdesuso, a Rúa Cidade de Viveiro, a Rúa Doutor Domingo Goás, a Rúa Castelao e a Rúa Lois Peña Novo.
Unha lista á que se suma o repintado de líneas, frechas e pasos de peóns no Camiño Campo Redondo, o Camiño das Rodas, a Rúa Guitiriz, a Rúa da Emigración e a rotonda recentemente instalada nun dos cruces do Polígono Sete Pontes no que se tiñan rexistrado importantes incidentes debido ao volume do tráfico e á perigosidade da intersección.
En definitiva, “un conxunto de actuacións que responden á necesidade de mellorar a seguridade dos usuarios da vía, xa que as rúas incluídas no proxecto contaban cun importante deterioro na sinalización horizontal, especialmente nos pasos de peóns, o que supoñía un gran risco para os viandantes e os condutores ao non poder localizar con claridade o lugar de paso dos mesmos”, sinalou o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández.
ACONDICIONAMENTO DO CASCO URBANO
Estas actuacións responden a un proxecto global de acondicionamento e mellora das rúas do casco urbano, no que se encadran obras recentes como a rexeneración do firme e o repintado da Avenida de Cospeito, a rexeneración completa das rúas da contorna da Praza da Constitución e a aplicación de aglomerado en quente na rúa Conde Pallares.
“A mellora dos servizos que se prestan aos veciños tamén inclúe, por suposto, a mellora das infraestruturas que empregamos a diario, as cales é fundamental manter no mellor estado posible pola seguridade e a comodidade de todos e todas”, asegurou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



