A actividade celebrarase o 24 de outubro e consistirá na proxección e análise nun coloquio do filme ‘Háblame de ti’
Santiago | Viveiro 21/10/2024. A Federación Galega de Dano Cerebral (Dano Cerebral Galicia) e Afundación colaboran na organización dunha xeira de sesións de cinefórum durante o mes de outubro para incrementar o coñecemento sobre o dano cerebral adquirido, unha discapacidade provocada, fundamentalmente, por ictus e traumatismos cranioencefálicos, coa que conviven máis de 35.000 persoas no noso país.
Por terceiro ano consecutivo, ambas entidades volven sumar forzas para o desenvolvemento dunha programación de sensibilización dirixida a persoas maiores de 50 anos, optando nesta ocasión polo emprego do audiovisual como recurso para divulgar información sobre as causas e secuelas do ictus, así como para reflexionar sobre a representación da discapacidade, os estereotipos e os estigmas.
Con este fin, durante as sesións, que se celebrarán nos Espazos+60 e sedes de Afundación de 11 localidades galegas, proxectarase a película ‘Háblame de ti’, que posteriormente será analizada de forma colectiva a través dun coloquio.
O obxectivo é abordar a importancia de adquirir hábitos de vida saudable e coñecer as pautas de actuación en caso de sufrir unha lesión cerebral, prestando especial atención aos signos e síntomas de alarma do ictus, primeira causa de discapacidade adquirida en España.
Para o desenvolvemento do ciclo de sesións, ademais do apoio loxístico da Afundación, a Federación conta co financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan o X Solidario na súa declaración da renda.
O ciclo chega a Viveiro
A sesión de Viveiro celebrarase o xoves 24 de outubro, ás 18.00 h, no Espazo + 60 (Travesía da Mariña, 49). O resto de sesións pendentes celebraranse nas seguintes localidades, datas e horarios:
Lugo: 24/10 | 18.30 h.
Pontedeume: 30/10 | 17.30 h.
Santiago: 31/10 | 17.30 h
A Coruña: data por confirmar
Modo de inscrición
As sesións están dirixidas a persoas de máis de 50 anos e, aínda que a asistencia é gratuíta, é preciso inscribirse previamente dado que o aforo é limitado.
As persoas socias dos Espazos +60 poden anotarse no seu local de referencia e as demais poden chamar ao teléfono 881 943 148 ou cubrir o formulario de inscrición online dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/sQZqszKmg8






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



