A mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional adícase este ano ao Síndrome de Down
Viveiro, 12 de outubro de 2024. O Concello de Viveiro celebra entre os días 14 e 19 de outubro a 6º edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional.
A mostra adícase este ano ao Síndrome de Down. “Para o Concello de Viveiro, Superarte é unha das citas máis especiais do ano, unha iniciativa fundamental desde a que construír paso a paso un Viveiro máis inclusivo; o certame cumpre a súa sexta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“Esta mostra foi un evento pioneiro en Galicia que xa está consolidado, porque outorga espazos nos que as persoas con diversidade funcional expresan a súa arte, impulsando a inserción e a relación con toda a sociedade”, destaca Fernández-Noriega, que agradece a implicación das distintas asociacións no proxecto.
O luns, tras a inauguración está programado o espectáculo ‘Pies de barro’, peza gañadora do primeiro premio no XIII Encontro Artes pola Integración.
Durante o resto dasemana, Superarte proporá unha ampla programación gratuíta, na que se inclúen varios eventos alén das obras de teatro. Entre outras actividades, programouse de novo a iniciativa ‘O Comercio Inclúe’, con xornadas de convivencia entre o Centro Comercial Histórico de Viveiro e Aspanane.
Haberá tamén exposicións, talleres de percuterapia e autoretrato, e actividades de sensibilización en colexios de Infantil e Primaria.
“Como cada ano, un dos nosos obxectivos é plantar a semente da inclusión na rapazada para crear así unha sociedade inclusiva no futuro”, engade a concelleira de Cultura.
PROGRAMACIÓN COMPLETA























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



