Alfonso Villares reuniuse cunha ampla representación de clubs náuticos e mariñas para informar sobre o cambio normativo recollido na Lei de medidas e que “reforzará a actividade económica e seguridade xurídica” das entidades asentadas nos peiraos galegos
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024. A Xunta de Galicia vén de modificar a Lei de portos para permitir ampliar os prazos de vixencia das concesións asentadas en terreos portuarios de titularidade autonómica, chegando ata os 75 anos no caso das empresas e entidades con actividade estratéxica para os portos. Este cambio normativo artellado a través da Lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos para 2025 foi trasladado esta mañá polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a unha ampla representación dos xestores dos portos deportivos autonómicos, un dos principais sectores beneficiarios potenciais da medida.
Villares, que estivo acompañado polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, explicou que un total de 13 clubs náuticos e mariñas o obxectivo principal da nova regulación, que unha vez aprobada, entraría en vigor o 1 de xaneiro de 2025, é “reforzar a actividade económica dos nosos portos e a seguridade xurídica dos concesionarios” que se asentan neles. Para elo, a nova normativa simplifica a regulacións das prórrogas das concesións en dominio público dos portos galegos e amplía os seus prazos de vixencia no caso de que se afronten investimentos de importancia.
Tal como explicou o conselleiro, o cambio normativo permitirá, en primeiro lugar, que as concesións que teñen unha relevancia estratéxica para a actividade do porto poidan ampliar o seu prazo máximo de vixencia de 50 a 75 anos sempre que apoien esta ampliación cun investimento ou achega económica proporcionada, cun mínimo de 500.000 euros. En segundo lugar posibilitará ao global das concesionarias portuarias ampliar os seus prazos de prórroga ata un 50% máis do prazo inicial, respectando en todo caso o tope máximo de 50 anos.
Maior Impulso ao sector náutico
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, subliñou o compromiso da Xunta de Galicia co sector náutico do que reseñou a súa importancia para o desenvolvemento económico e social do conxunto do litoral galego. Como proba deste maior impulso ao sector lembrou que os orzamentos de 2025 recollen por primeira vez unha partida específica para obras de mellora das instalacións náutico recreativas que ascende a 1,2 millóns de euros. Xunto a esta consignación económica, a modificación normativa que entrará en vigor á vez redundará no incentivo á actividade económica que se desenvolve nos portos de Galicia por parte das entidades e empresas que desenvolven o seu labor nos portos deportivos, que contarán con maiores garantías para os seus investimentos. Ademais, deste xeito, acompásase a normativa autonómica e a estatal para evitar que a lei galega puidese ser máis restritiva que a española.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



