Hoxe entregou os diplomas aos 20 últimos participantes e en decembro contratarán a outros tantos alumnos traballadores para aprender a especialidade, sumando un investimento de 949.000 euros
Cervo, 21 de novembro de 2024. A Xunta de Galicia clausurou hoxe a décima edición do obradoiro de emprego “Sendas de Burela, Cervo e Xove”, que terá continuidade nun novo proxecto que comezará en decembro. As dúas iniciativas suman un investimento de 949.000 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na entrega dos diplomas aos alumnos e alumnas que veñen de rematar a súa formación na especialidade de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, durante a que recibiron contidos teóricos e prácticos, desempeñando labores de mantemento das zonas verdes e espazos públicos dos concellos promotores.
Así, en Cervo actuaron na contorna da ponte medieval de Lieiro, da antiga fábrica de salgadura ou das vivendas da Atalaia en San Cibrao, así como no parque municipal das Lobeiras, o parque Reina Sofía e a contorna da antiga Fábrica de Sargadelos, entre outros puntos.
En Burela acometeron o axardinamento, instalación e mellora do rego en diversas zonas verdes, a restauración ambiental da cunca dos regatos das Pasadiñas e da Vila do medio, e o acondicionamento de parques e xardíns como os de Rosalía de Castro, Suafonte, Perdouro, a praza Antonio Garelly, a do Canabal, a área recreativa do Cantiño ou o paseo marítimo.
En Xove centráronse na restauración ambiental da cunca fluvial da Ruta dos Muíños e da área etnográfica do Portiño de Morás, a instalación dun xardín seco no encontro do Parque do Centro Cívico cos novos aparcadoiros, e a mellora de espazos naturais como a área recreativa do San Antonio da Rigueira e os parques da rúa Doutor Baamonde Illade e do Centro Cívico.
O delegado territorial subliñou que os obradoiros de emprego melloran a empregabilidade dos participantes capacitándoos para exercer profesións con elevada demanda no mercado laboral, ao tempo que desenvolven funcións en beneficio dos veciños e veciñas dos municipios promotores.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



