A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o rexedor mindoniense, Manuel Ángel Otero, abordaron nunha xuntanza de traballo as necesidades estruturais e de equipamento advertidas na infraestrutura municipal
Lugo, 12 de novembro de 2024. A Consellería do Medio Rural e o Concello de Mondoñedo exploran vías de colaboración para modernizar as actuais instalacións do matadoiro municipal mindoniense, a fin de solucionar as necesidades advertidas nas instalacións e poder mellorar así a prestación dos servizos ofrecidos ao sector agrogandeiro e ás industrias cárnicas da comarca.
A mellora das infraestruturas e, sobre todo, do vello equipamento do que dispón na actualidade o matadoiro de Mondoñedo centrou a reunión celebrada na sede luguesa da Xunta de Galicia entre a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o rexedor mindoniense, Manuel Ángel Otero, quen aproveitou este encontro para salientar a importancia do matadoiro no desenvolvemento socioeconómico da propia cidade de Mondoñedo e da súa contorna.
A actividade que se desenvolve no matadoiro, que presta servizo a veciños e industriais de Mondoñedo, ademais doutros municipios próximos, tales como Abadín, A Pastoriza, Lourenzá, Riotorto, Alfoz, O Valadouro ou mesmo A Pontenova, xustifica o interese público desta instalación municipal, sinala Otero.
Por iso, o alcalde trasladou á conselleira do Medio Rural a importancia de renovar os actuais equipamentos para optimizar a eficiencia e mellorar a rendibilidade dunhas instalacións que cada ano contabilizan un elevado número de sacrificios de exemplares de gando vacún e, sobre todo, de porcino.
Carácter singular da infraestrutura
Unha vez coñecidas as necesidades do matadoiro municipal, e consciente da importante prestación de servizos que supón esta infraestrutura para a veciñanza da contorna, a conselleira ofreceu a colaboración da Xunta para garantir a súa continuidade, tendo en conta o seu carácter singular na área central da Mariña luguesa, malia contar cun equipamento obsoleto.
Gómez Rodríguez solicitou neste senso ao Concello de Mondoñedo a presentación dun proxecto detallado de necesidades, a fin de avaliar o seu encaixe nalgunha das liñas de axuda dispoñibles por parte da Administración autonómica.
O apoio ofrecido desde a Consellería do Medio Rural aos concellos para o mantemento da actividade de infraestruturas municipais, tal e como poden ser os matadoiros, explica Gómez Rodríguez, responde á clara pretensión da Xunta de Galicia de contribuír a mellorar a calidade de vida da veciñanza dos territorios rurais, a través da prestación de servizos e da implantación de medidas que favorezan o seu desenvolvemento económico.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



