O presidente de Portos de Galicia respondeu a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2024.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, respondeu esta mañá a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo en relación á previsión de reversións de terreos que non rexistran actividade portuaria ao Estado para a posible transferencia posterior aos Concellos. Ao respecto, asegurou que a Xunta de Galicia incluirá terreos do porto de Foz que se declaren innecesarios na primeira fase da tramitación destas reversións.
En relación a este procedemento o presidente de Portos trasladou que o Goberno galego está a avanzar no proceso de desafectación dos terreos portuarios que se declaren innecesarios para a actividade portuaria e precisamente para maior axilidade vense de establecer unha tramitación por fases (por lotes de portos), dado que se trata dun procedemento complexo e longo que incumbe a varias administracións e que de feito conclúe coa aprobación por parte do Goberno de España en Consello de Ministros. Os terreos que serán declarados innecesarios estase a consensuar cos propios concellos, unha tarefa na que se traballa desde hai varios meses.
Pola súa parte, os orzamentos da Xunta de Galicia prevén un investimento pluarianual de 4,5 millóns para a remodelación das instalacións portuarias focense co obxectivo de potenciar a actividade portuaria. A primeira fase deste proxecto contempla unha dragaxe da dársena que se atopa en tramitación ambiental á espera de que o Ministerio de Transición Ecolóxica emita os informes favorables. En concreto trátase dos informes de avaliación ambiental e de compatibilidade coas estratexias mariñas, que foron solicitados o 10 de novembro do pasado ano. Este investimento determina o posicionamento de Portos de Galicia respecto aos terreos que poderán ser declarados innecesarios.
Álvarez Vidal explicou que mentres se tramitan as reversións “Portos de Galicia aplica sobre estes terreos estrita e unicamente as taxas que se establecen por lei polo que non teñen cabida chamamentos a incumprir as obrigas fiscais”. A este respecto subliñou que Portos de Galicia facturou o pasado ano 2023 un total de 71.000 euros ao Concello de Foz por actividades como o mercado dos martes ou as festas, “polas que a propia Administración cobra á súa vez a vendedores e feirantes” que se instalan no terreo portuario. Á súa vez, outras infraestruturas de uso veciñal que tamén se atopan instaladas en solo de Portos de Galicia están exentas de taxas como é o caso da estación depuradora de augas residuais, o parque infantil ou os departamentos de Protección Civil.
Reunión coa FEGAMP a finais de mes
Durante a súa intervención o presidente de Portos de Galicia insistiu en que o proceso de reversión á Administración Xeral do Estado dos terreos declarados innecesarios para a actividade portuaria “estase a consensuar cos propios concellos, unha tarefa na que se traballa desde hai varios meses. De feito, esta prevista unha reunión entre o Conselleiro do Mar e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias para finais deste mes co obxecto de abordar esta cuestión.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



