Barreiros, 28 de novembro 2024. O Concello de Barreiros continúa cos traballos de mellora de infraestruturas viarias nas diferentes parroquias. No día de hoxe iniciouse a obra de aglomerado do viario que une a estrada da Deputación Provincial 0609 coa igrexa, na parroquia de San Xusto, e que discorre ao longo do barrio de Novás. É un camiño de 500 m. de lonxitude e cuns anchos variables de 4 a 6m cuxo firme estaba formado por rego asfáltico, que estaba deteriorado e que presentaba un mal estado de conservación debido á súa antigüidade.
Esta vía municipal soporta un elevado tráfico, especialmente de maquinaria agrícola, pois dá acceso a 20 parcelas agrícolas; razón pola que desde o concello se tomou a decisión de actuar nel substituíndo o rego asfáltico por unha capa de mestura asfáltica en quente tipo AC16 SURF 50/70 de 5cm de espesor e regularizando previamente o firme.
Para esta obra o concello destinou 32.690€ procedentes da liña de axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Esta é unha das obras de reparación de camiños que dan servizo a vivendas e fincas agrícolas planificadas desde o Concello de Barreiros nas distintas parroquias. En concreto, na parroquia de San Xusto executáronse neste ano un importante número delas, mellorando as zonas agrícolas e as condicións de vida en xeral.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



