Realizaranse actuacións de pintado e reposición de elementos, así como a instalación de paneis con fotografías antigas das propias prazas e arredores
Barreiros, 30 de novembro de 2024. O Concello de Barreiros vén de asinar coa área de Rural da Vicepresidencia da Deputación un convenio para mellorar as prazas de Santiago de Reinante e a do Souto, en San Miguel. Proseguen así os traballos de adecentamento e mellora dos núcleos rurais, nos que o Concello leva traballando nos últimos anos; como a creación do novo parque infantil e zona de ocio en San Cosme, ou as áreas de descanso en Vilamartín Grande e Vilamartín Pequeno.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata de “prazas moi importantes na vida e na historia de ambas parroquias e que ademais, teñen un importante valor patrimonial e arquitectónico, ao inserirse en espazos cunha elevada presenza de edificios tipo indiano.”
Ermida amosouse especialmente “contenta e orgullosa” de poder levar a cabo estas actuacións nestes lugares “xa que son espazos moi simbólicos e importantes para todas as veciñas e veciños destas parroquias e tamén de todo o Concello.” “Facíanse bailes, feiras, xogos populares, eran espazos de recreo para as nenas e nenos… e queremos recuperar esas vivencias”, continúa. “Por iso tamén queremos poñelas en valor na historia do concello e colocaremos paneis con fotografías que amosen a evolución destes espazos sociais.” Neste sentido, a rexedora traslada que se alguén ten fotografías antigas das prazas ou arredores, agradecen que llelas fagan chegar para poder contar coa maior variedade posible.
Por estas razóns, a rexedora explicou que “despois de tempo buscando a financiación que nos permitise actuar nestes espazos, logramos que a área de Rural da Deputación destine máis de 37.000€ cos que afrontar os investimentos necesarios.”
As actuacións, ademais das relativas ás fotografías consistirán no pintado das zonas existentes en ambas prazas, a renovación de elementos de seguridade como a rede de protección en Reinante ou os bolardos na zona do Souto, a renovación de canastras en Reinante e a mellora dos farois existentes no Souto.
Ana Ermida sinala que os traballos se realizarán no vindeiro ano, en función da meteoroloxía.”























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



