Viveiro, 27 de novembro, 2024. Serán 37 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, mobles e decoración, xoierías, cerámica, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e ata promocións doces como descontos nas larpeiras. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local.
Unha oportunidade de vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do Black ca música nas rúas (que a teremos a través do fío musical) e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías…isto é Comercio Local.
Trátase dunha excelente oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 37 comercios participantes na campaña e desfrutar de multid¡tude de descontos en miles de artigos. Os descontos irán dende o 20% ata o 50% nalgúns casos.
Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.
É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes días.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.
Os locais participantes e as suas promocións son:
SANJURJO MODA
20% en todo
MISS-TIC
20% en todo
JONATHANS
20% en prendas y marcas seleccionadas
BAAMONDE STYLE
Hasta el 30% en Articulos Seleccionados
COBELINHA
30% en todo (Excepto Artículos Personalizados)
CONFEC. JUSTO VAZQUEZ
20% en Punto grueso, Parkas y Abrigos
COCOLATTE
20% Articulos seleccionados
MIMIMÓ
20% en Artículos Seleccionados
FONTANA MODA
20% en Fontana en Art. Seleccionados y hasta el 50% en Dandara
BIÁ – BIÁ
20% en ropa de vestir de temporada (Excepto: Eva Castro, Martinica y Noma Fernández)
VERSUS
20% en todo
COMPLEMENTOS SULIAN
20% en articulos superiores a 20€
CALZADOS ALBO
20% en todo
ALBO ZAPATERÍAS
20% en todo
ALBO 55 SNEAKERS
20% en todo
VOGUE
Del 20% al 50% en Marcas Seleccionadas
DR. ZAPATO
20% en todo (Excepto zona Outlet)
TACONES
20% y 30% de Descuento
OXIGENO
20% Prendas Champion/ Vissla 20% Accesorios Adidas/Hurley/Obey
20% Calzado Etnies/Emerica/Champion
VAN SURF SNEAKERS
20% en todo Excepto básicos de Vans con un 10%
VAN SURF SHOP
20% en todo Excepto básicos de Vans con un 10%
NACAR LENCERÍA
20% en todo
LIBRERÍA PORTA DA VILA
Dia 29 Dtos. Especiales en material seleccionado, 5% en libros y 10% en papelería
GLOW BEAUTY ATELIER
Del 10% al 25% en todas nuestras marcas
PELUQUERIA RAQUEL GONZALEZ
20% Descuento en producto y 30€ dcto.en herramientas GHD
SALÓN MARTA TIMIRAOS
10% de Descuento en Productos
PELUQUERIA ANGELES SALGUEIRO
10% en productos ICON y 30% la linea INDIA
IGLESIAS MUEBLES
20% en Colchones CECOTEC, Dctos. Especiales en Muebles y liquidación de Alfombras
CERAMICA REGAL
20% Cerámica y en piezas seleccionadas de joyería en plata
OPTICA ROSARIO
Gafas desde 20€ y Dtos. Del 20% al 50%
LA OPTICA
50% Dto. En monturas seleccionadas
JOYERÍA PALEO
20% en todo (Excepto oro)
ÓSCAR JOYEROS
20% Excepto Oro, Sargadelos y Pandora
KALEA
20% en Artículos Seleccionados
PLATAX
20% de descuento a partir de 10€
RAQUEL SEIJIDO
10% de Dto. En la tienda de la C/ Margarita Pardo de Cela
PASTELERIA FONTENOVA
Larpeira 5€





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



