José Tomé Roca e Carmela López Moreno formalizaron no Pazo de San Marcos o acordo polo que a Deputación achegará 115.000€ ao Concello mariñán para colaborar no acondicionamento das antigas vivendas de profesores
Lugo, 11 de novembro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar coa Alcaldesa de Burela e Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, un convenio por importe conxunto de 123.000€ para colaborar no acondicionamento das antigas vivendas de profesores e habilitalas como locais sociais. Mediante este acordo, a institución provincial achega 115.000€ para esta actuación e o Concello os 8.000€ restantes.
Concretamente, este investimento da institución provincial servirá para transformar cada unha das catro vivendas existentes na rúa das Escolas de Burela en cinco locais para asociacións e un aseo; polo que a actuación permitirá dotar dun novo local de reunión a 20 colectivos do municipio burelao.
Tomé Roca enmarcou esta colaboración na liña estratéxica do Goberno provincial para a cooperar cos 67 concellos da provincia. Valorou que “esta dotación terá un impacto moi positivo no municipio, porque permitirá que os diferentes colectivos que participan na dinamización local desenvolvan as súas actividades nunhas mellores condicións”, incidindo na idea de que mellorar o espazo de traballo do tecido asociativo suporá contribuír á dinamización da vida social e cultural de Burela.
Pola súa banda, Carmela López agradeceu a colaboración institucional da Deputación e destacou que en Burela hai preto dun cento de entidades e clubs polo que “este espazo é unha necesidade importante para impulsar e reforzar o seu labor”.
O proxecto de mellora destas antigas vivendas consistirá na retirada das carpinterías exteriores e interiores, demolición dos aseos e as cociñas actuais, reacondicionamento dos aseos, limpeza e pulido dos chans de terrazo, instalación dunhas novas carpinterías en PVC exteriores e varandas de aluminio, reinstalación eléctrica dos locais mediante canaletas exteriores, pintado interior, execución de novos accesos e melloras no illamento exterior dos inmobles.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



