No estado español, a ‘guerra de Gaza’ ou ‘o xenocidio de Gaza’, segundo que as fontes beban de man sionista ou non, teñen pasado a un segundo plano na semana de cambio de mes. Máis de douscentos mortos, máis de mil desaparecidos, e cuantiosos danos, deixan un golpe climático claro. Desolación.
O futuro sempre comeza hoxe, e, para os que por xeografía estamos lonxe desta catástrofe, ese futuro ven anunciado por unha cacofonía de voces e actores diversos que tentan ocultar responsabilidades, lanzalas cara outro, evitar autocrítica, introducir desordes interesados e nin pensar en cambios de uso se solo, políticos, sociais, económicos, ou de costumes que podan supoñer un custe de principio (político, económico…). É dicir, dende un punto de vista humano, esas voces denotan, máis ca unha falta de responsabilidade, unha irresponsabilidade a que nos cae -literalmente- encima.
Cando xa pasaban de cen os mortos anunciados, tiven unha conversa que cortei antes de pasar a maiores. Basicamente, dicíame outra persoa que ‘agora’ parece ser que todo fora provocado. Non puiden conter un pequeno riso, e entón fun interpelado de novo, dicíndome que ría, porque non cría niso, pero… E cortei: río por non discutir. E pasei a falar doutra cousa. Mortos por diante, despois de avisos cada vez máis frecuentes de desastre climático dende hai décadas, e vou resolver iso respondendo a unha provocación (dobre, dunha DINA nunha ampla zona, e persoal, no momento, por non crer en teorías da conspiración). É moito máis doado facerse ouvidos a calquera bulo que comezar a mencionar que hai zonas inundables nas que se leva construíndo a saco e que o cambio climático inducido pola nosa actividade na Terra ten duplicado a intensidade e a probabilidade de fenómenos semellantes… Mentres, os voluntarios comezaban a actuar en Valencia.
Unha anécdota que por suposto non ten importancia no contexto xeral de morte e destrución, pero que ilustra como poden chegar as catástrofes a collernos tan desprevidos. E con poucos reflexos para actuar e tentar que non cheguen a ser tan destrutivas, palialas e mellorar e aumentar a capacidade e reacción despois de que ocorran.
Engade empatía á túa caixa de ferramentas para vivir. Protéxete contra os bulos con datos e contraste. Non te fíes de que acusa ó diferente porque o é; máis aínda cando sabemos que nas cousas de todos, máis ou menos a todos se nos pode acusar dalgunha miguiña de culpa E pensa no cambio climático, non só na reacción do goberno ós desastres que produza.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



