O BNG quere converter o edificio no “buque insignia dos servizos sociais, igualdade, migración e mocidade” no Concello de Burela
Madrid, 5 de novembro de 2024. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de anunciar o rexistro de iniciativas en que insta o Goberno -e, no concreto, o Ministerio de Inclusión, Seguranza Social e Migracións- a actuar na Casa do Mar de Burela para realizar unha rehabilitación do inmóbel e, posteriormente, conveniar coa Xunta da Galiza para a súa transferencia e posibilitar a súa utilización para albergar todos os servizos sociais que actúan no concello, tanto de carácter autonómico, municipal ou asociativo. A organización nacionalista presenta estas iniciativas, enmarcadas nun ambicioso proxecto que pretende converter a Casa do Mar de Burela no “buque insignia” dos servizos sociais, igualdade, inmigración, mocidade.
O deputado do BNG, Néstor Rego, visitou o edificio da Casa do Mar en Burela, para coñecer de primeira man o estado actual das instalacións, acompañado polo tenente de alcalde Mario Pillado, así como pola concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández.
Na actualidade, a Casa do Mar de Burela -propiedade do Ministerio de Inclusión, Seguranza Social e Migracións, a través da Tesoureira Xeral da Seguranza Social- alberga as oficinas do Instituto Social da Mariña (ISM), a Unidade da Atención Temperá (UAT) e acolle locais do ámbito asistencial e asociativo. Un edificio, construído a finais da década dos setenta, con moito espazo baleiro e infrautilizado, que precisaría dunha mellora e actualización das infraestruturas para ofrecer servizos á veciñanza de Burela.
“O edificio ten unha enorme potencialidade mais, para iso, é preciso que o Ministerio de Seguranza Social, en colaboración coa Xunta de Galiza e cunha escoita activa ao Concello de Burela, aborde as obras de reparación do inmóbel” defende o deputado do BNG no Congreso. Do mesmo xeito, continúa explicando Néstor Rego, o Goberno do Estado, unha vez acondicionado, debera chegar a un acordo coa Xunta da Galiza para a súa transferencia e que esta, á súa vez, o poña ao servizo do Concello de Burela.
Estas iniciativas enmárcanse dentro dunha serie de actuacións promovidas polo BNG na localidade mariñá para converter a Casa do Mar no “buque insignia dos servizos sociais de Burela. Un gran centro de Benestar social, onde se integren todos os servizos sociais municipais e mesmo outros como a Unidade de Atención á Drogodependencia (UAD), a Unidade de Atención Temperá, ou servizos socio comunitarios coma o CIM, a educadora familiar, a atención a persoas migrantes, asociacións que traballan no eido social e outros colectivos”.
Pola súa parte, o voceiro do BNG en Burela e tenente de alcalde, Mario Pillado, reforza a idea proposta pola organización nacionalista destacando que este edificio pode chegar a ser “unha referencia para toda a comarca da Mariña acollendo todos os servizos sociais e serviría para dar un maior servizo a toda a cidadanía”.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.


